Low é un álbum do artista británico David Bowie, editado o 14 de xaneiro de 1977. Foi co-producido por Bowie e Tony Visconti, e considérase un dos seus discos máis influentes. Low foi o primeiro da "Berlin Trilogy", unha serie de colaboracións con Brian Eno (a pesar de que álbum está gravado principalmente en Francia e só mesturado en Berlín). O estilo experimental e de vangarda sería explorado máis a fondo en "Heroes" e Lodger.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por David Bowie, agás onde se indique. Cara 1 "Speed of Life" - 2:46 "Breaking Glass" (Bowie, Dennis Davis, George Murray) - 1:52 "What in the World" - 2:23 "Sound and Vision" - 3:05 "Always Crashing in the Same Car" - 3:33 "Be My Wife" – 2:58 "A New Career in a New Town" – 2:53 Cara 2 "Warszawa" (Bowie, Brian Eno) - 6:23 "Art Decade" – 3:46 "Weeping Wall" – 3:28 "Subterraneans" – 5:39
Categoría:Álbums de David Bowie Categoría:Álbums musicais de 1977 Categoría:Álbums de RCA Records