Hauru no Ugoku Shiro (en xaponés ハウルの動く城) é un filme de animación en lingua xaponesa de 2004, escrita e dirixida por Hayao Miyazaki. Esta baseada na novela de Diana Wynne Jones Howl's Moving Castle.

Sinopse Sophie ten dezaoito anos. Traballa sen descanso na tenda de sombreiros que rexentaba o seu pai antes de morrer. Nun dos seus pouco habituais paseos pola cidade, Sophie coñece ó mago Howl (Hauru no Xapón). Howl é un xove con poderes extraordinarios pero a Sophie dálle a impresión de que Howl agacha algo.

O encontro entre Sophie e Howl non pasou desapercibido para a Meiga, quen odia terriblemente a Howl. Cando Sophie volve á tenda, a Meiga, facéndose pasar por unha clienta, enfeitízaa, transformándoa nunha vella de 90 anos que non pode dicir a súa verdadeira identidade.

Sophie, vese na obriga de abandonar o seu fogar e decide entón buscar a Howl para que lle axude a romper o feitizo. Howl vive nun “castelo máxico” que ten a peculiaridade de trasladarse a vontade do seu dono. Sophie mergúllase no descoñecido, na busca do castelo ambulante, perdéndose en terras desoladas. Finalmente e case por casualidade, chega ó lugar no que se atopa a residencia de Howl. Alí coñece ó xove aprendiz de meigo, Marko, e ó encargado do mantemento do castelo, Calcifer, un demo do lume. Ó non poder revelar a súa identidade, Sophie ten que inventar algunha escusa para quedar no castelo, e consegue que a contraten como asistenta.

Personaxes (Voces de dobraxe na versión orixinal xaponesa) Chieko Baishō como Avoa Sophie Takuya Kimura como Howl (Hauru) Akihiro Miwa como a Meiga Tatsuya Gashūin como Calcifer Chieko Baishō como Xove Sophie Ryūnosuke Kamiki como Markl Haruko Katō como Madam Suliman Yayoi Kazuki como Lettie Mayuno Yasokawa como Honey Yō Ōizumi como Príncipe Justin/Turnip Akio Ōtsuka como Ministro de Defensa Daijirō Harada como Heen (o Can) Rio Kanno como Madge Mark Silverman como King Tomoe Hanba como Kabuto

Premios e nomeamentos 2005: Nomeada ó Oscar: Mellor filme de animación. 2005: Círculo de críticos de Nova York: Mellor filme de animación. 2005: Nomeamento ó León de Ouro no Festival de Venecia: Mellor director.

Véxase tamén

Ligazóns externas Web Oficial Ficha en Filmaffinity Ficha en IMDb

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes dirixidos por Hayao Miyazaki Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes de Toho Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes de monstros Categoría:Filmes de Studio Ghibli