El Heráclito Español y Demócrito Gallego foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1820. Historia e características Apareceu o 21 de abril de 1820, unha vez restablecido o sistema constitucional. Periódico bisemanal (saía os martes e venres), que se imprimía na imprenta de José Fermín Campaña y Aguayo. Periódico liberal, o seu único redactor foi Antonio Benito Fandiño, quen lle imprimiu un ton satírico, polo que foi suspendido. Cesou a súa edición co número 53 en outubro de 1820.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1820 en Galicia