Chamonix-Mont-Blanc, ou máis comunmente Chamonix, é unha comuna no departamento de Alta Savoia na rexión de Ródano-Alpes, no sueste de Francia. Foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1924, os primeiros Xogos de Inverno. A poboación da comuna é de 9.086 habitantes, ocupando o posto 865 do país."INSEE - Chamonix: Données générales"

Situado preto do macizo de picos das Agullas Vermellas, Chamonix alberga o cumio do Mont Blanc cos seus veciños da comuna de Courmayeur en Italia, e posúe o título da comuna máis alta de Francia. A comuna é ben coñecida e querida polos esquiadores e amantes da montaña. O Mont Blanc, cunha altitude de 4.810 metros, é o terceiro lugar natural máis visitado do mundo. Cunha superficie de 245 quilómetros cadrados, Chamonix é a cuarta comuna máis grande da Francia continental.

Xeografía Asentamentos O municipio de Chamonix inclúe 16 vilas e aldeas. De norte a sur: Le Tour (1462 m), Montroc, Le Planet, Argentière (1252 m), Les Chosalets, Le Lavancher, Les Tines, Les Bois, Les-Praz-de-Chamonix (1060 m), Chamonix-Mont-Blanc, Les Pècles, Les Mouilles, Les Barrats, Les Pélerins, Les Gaillands, e Les Bossons (1012 m).

Turismo Ferrocarril de Montenvers (ferrocarril de cremalleira de Chamonix a Montenvers, por riba do Mer de Glace). Tranvía do Mont Blanc (ferrocarril de cremalleira de St. Gervais a Nid d'Aigle no Mont Blanc). Teleférico de l'Aiguille du Midi. Restaurante panorámico na estación superior do teleférico de Brévent (impresionantes vistas do Mont Blanc). Museo Alpino de Chamonix. Estatua de Horace-Bénédict de Saussure (iniciador da primeira ascensión ao Mont Blanc). Estatua de Michel-Gabriel Paccard, que xunto con Jacques Balmat, fixo a primeira ascensión con éxito ao Mont Blanc en 1786. Ultra-Trail du Mont-Blanc, ultramaratón de montaña anual que parte e remata en Chamonix.

Transporte Estradas A vila de Chamonix é servida pola francesa Route Nationale 205 (RN 205), alcumada a Route Blanche, ou "ruta branca" debido ás súas nevaradas. Esta é unha extensión da francesa autoroute 40 (A40), do mesmo xeito alcumada a autoroute blanche, que remata en Le Fayet, unha aldea na comuna de Saint-Gervais-les-Bains."Site de l'association de défense des usagers de l'A40 et de l'A41" O túnel do Mont Blanc de 11,6 km orixínase aquí, unindo Chamonix con Courmayeur en Italia. Chamonix está unido con Suíza pola que adoitaba ser a RN 506a. En 2006 foi convertida na Route Départementale 1506, cunha parte dela integrada na RN 205. O aeroporto máis próximo a Chamonix é o Aeroporto Internacional de Xenebra e está a 88 km de distancia, habendo empresas que realizan traslados ao aeroporto cada 45 minutos. Outras ofrecen un servizo regular de autobús diario desde o aeroporto de Xenebra a Chamonix."deluxe-transfers.com"

Ferrocarril Chamonix é servido pola bitola métrica Saint-Gervais–Vallorcine, operado por SNCF. A liña de Saint-Gervais (na rede ferroviaria de vía ancha) a Chamonix abriuse en 1901; estendéndose a Vallorcine en 1908. A liña ten o récord de ser a máis empinada.

Cidades irmás Chamonix está irmandado con: Aspen (Colorado)  Cilaos (La Reunion) Courmayeur (Italia) Davos (Suíza) Fujiyoshida (na base do Monte Fuji, no Xapón) Garmisch-Partenkirchen (Alemaña)

miniatura|800px|centro|Panorama do val de Chamonix

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Chamonix - Wikivoyage (en) Páxina oficial de Chamonix-Mont Blanc

Categoría:Concellos do departamento da Alta Savoia Categoría:Estacións de esquí de Francia Categoría:Cidades olímpicas