Klaxons é unha banda de música inglesa do estilo new rave.
Traxectoria Malia seren etiquetados de "banda londiniense", os tres membros orixinais proveñen doutras provincias do Reino Unido, como Stratford-Upon-Avon (James Righton e Simon Taylor Davis, quen tamén foran xuntos á escola) e Bournemouth (Jamie Reynolds).
O álbum de estrea da banda, Myths of the Near Future, lanzouse o 29 de xaneiro de 2007 e tralo lanzamento do single Golden Skans o 22 de xaneiro do mesmo ano. O álbum foi producido por James Ford, de Simian Mobile Disco.
Klaxons encabezou o Tour Indie Rave de NME que comezou en febreiro de 2007. A banda acaba de rematar un tour de grande éxito no portelo por América para despois continuar no Reino Unido durante maio de 2007. Regresaron no verán para realizar un número de festivais ingleses e irlandeses como Glastonbury, T in the Park, Oxegen, O2 Wireless Festival e os Festivais de Reading e Leeds.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio Oficial Klaxons en MySpace Sociedad de Apreciación de Simon-Taylor Davis en MySpace Sociedad de Apreciación de James Righton en MySpace AlicePractice Fan Site
Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais formados en 2005