Catherine Jane McCormack,Ms Catherine Jane McCormack company-director-check.co.uk. Consultado o 1 de abril de 2012. nada en Epsom, Surrey, Inglaterra"20 Questions With ... Catherine McCormack" whatsonstage.com (8 de febreiro de 2012). Consultado o 1 de abril de 2012. o 3 de abril de 1972, é unha actriz británica coñecida polas súas aparicións en filmes como Braveheart, Xogo de espías e Dangerous Beauty.

Traxectoria A pesar de nacer en Inglaterra ten ascendencia irlandesa por parte dun dos seus avós. A súa nai morreu de lupus cando tiña só seis anos e o seu pai que era obreiro metalúrxico tivo que encargarse el só dela e do seu irmán Stephen.Duerden, Nick. Catherine McCormack: The play's the thing, The Independent, 10 de agosto de 2006. Consultado o 29 de setembro de 2009.

McCormack foi educada segundo a moral da relixión católica,, Esquire, 30 de novembro de 2002. Consultado o 29 de setembro de 2009. aínda que actualmente defínese como unha "católica caducada". Foi ó convento da Nosa Señora da Providencia e posteriormente estudou na escola de arte dramática de Oxford.

Cine O primeiro papel notable de McCormack foi como Murron MacClannough no filme gañador de varios premios Oscar, Braveheart. Porén, o seu debut na pantalla foi como protagonista do filme Loaded dirixido por Anna Campion, e posterirmente declarou que fora unha época "miserable coa directora (Anna Campion)... era o meu primeiro traballo nun filme, tiña que estar entre algodóns, tiñamos que ser axudados a través dela, e non foi así. Sobre todo, foi unha experiencia horrible". Despois de Braveheart, McCormack fixo papeis principais en Northstar de Nil Gaup e Dangerous Beauty de Marshall Herskovitz. Outros filmes son Xogo de espías e 28 Weeks Later. A pesar da demanda dos directores, fai poucos filmes, afirmando que "lin moitos guións e moi poucos me apaixonan... Se cadra un de cada vinte ou trinta anos".Blackwelder, Rob. UNRECOGNIZED 'BEAUTY': The surprising off-screen Catherine McCormack , SPLICEDwire, 6 de febreiro de 1998. Consultado o 29 de setembro de 2009.

Teatro McCormack sempre mostrou unha preferencia cara ao teatro ó longo da súa traxectoria. Foi unha das elixidas para o elenco orixinal londiniense da obra de Patrick Barlow The 39 Steps.Cavendish, Dominic. Irreverent romp down the nostalgia track, The Telegraph, 18 de agosto de 2006. Consultado o 29 de setembro de 2009. No 2008, interpretou o papel de Nora en A Doll's House,Theatre Royal – A Doll's House dirixida por Peter Hall no Teatro Real de Bath, así como o papel de Isabel Archer na adaptación teatral de The Portrait of a Lady,Theatre Royal – The Portrait of a Lady os cales comezaron en xullo de 2008 e finalizaron en agosto.

No 2009 apareceu na xira británica da adaptación de Headlong Six Characters in Search of an Author. En 2012, intepretou a Juana Inés de la Cruz na produción da Royal Shakespeare Company da obra The Heresy of Love.

Nomeamentos Foi nomeada polos premios teatrais Laurence Olivier Awards no 2001 polo mellor papel secundario feminino en All My Sons no Real Teatro Nacional de Cottesloe Stage.

Filmografía Loaded (1994) Wycliffe (1 episodio, "The Scapegoat", 1994) Braveheart (1995) North Star (1996) Deacon Brodie (1997), Televisión The Land Girls (1998) Dangerous Beauty (1998) Dancing at Lughnasa (1998) This Year's Love (1999) Love in the 21st Century (1 episodio, "Reproduction", 1999) The Debtors (1999) Shadow of the Vampire (2000) A Rumor of Angels (2000) The Weight of Water (2000) Born Romantic (2000) The Tailor of Panama (2001) Armadillo (2001, TV) Xogo de espías (2001) Broken Morning (2003, TV) Gunpowder, Treason & Plot (2004, TV) Strings (2004; dobraxe na versión en inglés) Kenneth Tynan: In Praise of Hardcore (2005, TV) A Sound of Thunder (2005) Elizabeth David: A Life in Recipes (2006, TV) Renaissance (2006, dobraxe) Ancient Rome: The Rise and Fall of an Empire (1 episode, "Nero", 2006) The Moon and the Stars (2007) 28 Weeks Later (2007) Stevie (2008) Midnight Man (2008), Televisión

Notas

Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Actores de teatro Categoría:Nados en Epsom Categoría:Nados en 1972 Categoría:Ingleses de ascendencia irlandesa