Garrett Bartholomew Temple, nado o 8 de maio de 1986 en Baton Rouge, Luisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga para os Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria En setembro de 2009, Temple asinou cos Houston Rockets coma axente libre, xa que non foi elixido no draft. Non foi convocado no primeiro partido, e foi enviado aos Rio Grande Valley Vipers da D-League. Fixo 14.9 puntos, 3.7 rebotes e 3.4 asistencias por partido cos Vipers, e os Rockets ofrecéronlle dous contratos de dez días o 8 de febreiro do 2010."Rockets add Temple". USA Today. 8 de febreiro de 2010. Consultado o 11 de febreiro do 2010."Rockets waive Cook, sign Temple to 10-day contract". USA Today. 20 de febreiro do 2010. Consultado o 20 de febreiro de 2010.

O 3 de marzo de 2010, Temple asinou un contrato de dez días cos Sacramento Kings."Kings Add Garrett Temple From D-League ". RealGM. 3 de marzo de 2010. Consultado o 3 de marzo de 2010.

Tras expirar ese contrato, o 13 de marzo asinaría outro contrato de 10 días, pero desta vez cos San Antonio Spurs.Spurs Sign Garrett Temple To 10-Day Contract. NBA.com. 13 de marzo de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2010. O 23 de marzo asinou cos Spurs un contrato para o resto da tempada. O 6 de abril saíu coma titular por primeira vez pola lesión de George Hill, e anotou 15 puntos, con 4 asistencias e 3 rebotes en 27 minutos de xogo. O 11 de novembro de 2010, Temple foi cortado polos Spurs.

Máis tarde asinaría outra vez cos Vipers, pero foi traspasado o 31 de decembro aos Erin BayHawks a cambio de Jeff Adrien.

O 25 de xaneiro de 2011, asinou un contrato de 10 días cos Milwaukee Bucks, e asinou outro máis o 4 de febreiro cos Bucks.

O 7 de marzo de 2011, Temple asinou un contrato de 10 días cos Charlotte Bobcats, asinou outro o día 17, e o día 28 de marzo os Bobcats lle contrataron para o resto da tempada.

O 13 de setembro de 2012, Temple asinou cos Miami Heat.Heat sign Temple Foi cortado o 27 de outubro de 2012, e volveu ós Erie BayHawks. Os BayHawks traspasaron a Temple ós Reno Bighorns.

O 25 de decembro de 2012, Temple asinou cos Washington Wizards.Wizards Sign Shelvin Mack And Garrett Temple

O 7 de febreiro de 2019, Temple foi traspasado xunto a JaMychal Green ós Los Angeles Clippers a cambio de Avery Bradley.

O 8 de xullo de 2019, Temple asinou un contrato de dúas tempadas cos Brooklyn Nets.

O 27 de novembro de 2020, Temple asinou cos Chicago Bulls.

O 8 de agosto de 2021, Temple foi traspasado ós New Orleans Pelicans.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Baton Rouge, Luisiana Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores do AS Junior Pallacanestro Casale Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans