O gran ditador (en ) é un filme dirixido por Charlie Chaplin e Wheeler Dryden que se estreou en 1940.

Sinopse Ó final da primeira guerra mundial un soldado do exército de Tomania, ó salvar a vida do oficial Schultz no seu avión, sofre un accidente e perde a memoria, restando nun hospital por 20 anos. Cando, aínda amnésico, escapa do hospital, regresa á súa cidade, onde abre de novo a súa antiga barbería situada no Ghetto. Os tempos cambiaron. O país é gobernado polo ditador Adenoid Hynkel, e hai unha brutal discriminación contra o pobo xudeu.

Unha das mozas do Ghetto, a bela Hannah, defende ó barbeiro cando é atacado por membros das forzas de seguridade de Hynkel. Ambos namóranse e deben padecer os atropelos da ditadura, aínda que teñen esperanza por ter a protección de Schultz, que recoñeceu ó barbeiro. Por outra banda, Hynkel trata de conseguir financiamento dun banqueiro xudeu para levar a cabo as súas ambicións de dominación global.

O rexeitamento do préstamo por parte do banqueiro xudeu motiva a reanudación da opresión no Ghetto, Schultz cae en desgraza por encararlle a súa falta de humanidade ó ditador e por ocultarse cos xudeus. A persecución fai que o barbeiro e Schultz sexan enviados a un campo de concentración.

Hynkel decide invadir Osterlich, pero a intromisión do líder de Bacteria, Benzino Napaloni, obrígao a invitalo e ser diplomático, o cal desemboca nunha ridícula guerra de comida e pasteis entre os dous ditadores.

Hannah e as persoas do Ghetto foxen cara Osterlich, pero ó pouco iníciase a invasión dende Tomania. Entón, ó escapar o barbeiro e Schultz, Hynkel será detido por erro polas súas propias tropas, polo seu gran parecido co barbeiro, e este será tomado por Hynkel e conducido a dar un discurso sobre o inicio da conquista do mundo.

En vez diso, o barbeiro da un discurso alentando á humanidade a abandonar a mecanización do home, as ditaduras, a discriminación e a recuperar a humanidade. Hannah, na súa casa, arrasada de novo polos invasores, dirixe a súa ollada ó ceo con esperanza, e sobre esa faciana péchase a pantalla.

Personaxes Charles Chaplin como O barbeiro xudeu /Adenoid Hynkel, ditador de Tomania Paulette Goddard como Hannah Jack Oakie como Benzino Napolini, ditador de Bacteria Reginald Gardiner como Schultz Henry Daniell como Garbitsch Billy Gilbert como Herring Maurice Moscovich como Señor Jaeckel Emma Dunn como Señora Jaeckel Bernard Gorcey como Señor Mann

Os principais personaxes políticos fan referencia a: Adenoid Hynkel: Adolf Hitler Benzino Napolini: Benito Mussolini Garbitsch: Joseph Goebbels Herring: Hermann Wilhelm Göring.

Premios Ano Premio Categoría Resultado 1940 Círculo de Críticos de Cine de Nova York Mellor actor (Charles Chaplin) Gañador1941 Premios Oscar Mellor película Nomeada Mellor guión orixinal Nomeada Mellor actor principal (Charles Chaplin) Nomeado Mellor actor secundario (Jack Oakie) Nomeado Mellor banda sonora orixinal (Meredith Willson) Nomeada 1961 Premios Kinema Junpo Mellor película estranxeira Gañadora 1974 Premios Jussi Mellor cineasta estranxeiro (Charles Chaplin) Gañador

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Filmaffinity Ficha na IMDb

Categoría:Filmes de 1940 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en esperanto Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Charlie Chaplin Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes ambientados en 1918 Categoría:Filmes ambientados en Europa Categoría:Filmes sobre represión política Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1940 con versión en galego