Julio César García-Luengo Pérez, nado en 1969Segundo esta páxina., é un político galego do PPdeG.
Traxectoria É fillo de Julio César García-Luengo Montero, que foi alcalde de Crecente. Licenciado en Ciencias Políticas. Foi concelleiro en Crecente dende 1995, foi deputado provincial e tenente de alcalde entre 2003 e 2007. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Crecente e foi elixido alcalde con maioría absoluta, sucedendo ao seu pai Julio César García-Luengo Montero. Destituíu ao seu pai como como tenente de alcalde e membro da xunta de Goberno local en outubro de 2010, logo de anunciar o pai que pretendía dimitir para encabezar unha lista independente en Arbo nas eleccións locais de 2011 e despois presentarse como candidato en Crecente polo CDS, aínda que finalmente desistiuCrecente se queda sin papá. Nas municipais de 2011 volveu ser o candidato do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Foi condenado pola Audiencia de Pontevedra a un ano de inhabilitación por un delito de desobediencia, ao non cumprir unha orde xudicial para derrubar unha nave dunha empresa construída sen licenza. O 15 de xaneiro de 2014 deixou a alcaldía, e foi proposto para substituílo Servando Rodríguez CarpinteroServando Rodríguez sustituirá a García-Luengo al frente de la Alcaldía de Crecente, aínda que finalmente accedeu á alcaldía Marisol Gómez Domínguez.
En 2015, xa cumprida a condena por inhabilitación, volveu presentarse ao posto de alcalde encabezando a candidatura do PP, mentres que a alcaldesa, Marisol Gómez, ía de número dous. Obtivo a maioría absoluta e foi elixido alcalde. Nas municipais de 2019 e 2023 revalidou a alcaldía con maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Crecente
Ligazóns externas García-Luengo echa a García-Luengo Entrevista en Faro de Vigo
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Crecente Categoría:Nados en 1969