The Menace é o segundo álbum da banda inglesa de rock alternativo Elastica, editado a través do selo Deceptive Records o 3 de abril do ano 2000, e internacionalmente a través de Atlantic Records o 22 de agosto.CMJ New Music Monthly. CMJ Network, Inc. October 2000

Antecedentes e gravación Despois da publicación do seu álbum de debut homónimo en 1995, a banda comezou unha xira e, no proceso, empezou tamén a entregarse ás festas de maneira feroz e a experimentar co consumo de drogas. O primeiro intento de gravar o seu segundo traballo tivo lugar en Francia e Irlanda a finais de 1996, pero problemas internos provocaron a marcha de varios membros (incluíndo a vocalista e guitarrista Donna Matthews e a baixista Annie Holland) e a disolución temporal do grupo.

A líder Justine Frischmann, que acababa de romper coa súa parella Damon Albarn, de Blur, comezou a traballar en música ambiental influenciada por Brian Eno xunto ao seu compañeiro de piso Loz Hardy, de Kingmaker, o que deu lugar a temas como “Miami Nice” e “My Sex”, que acabarían formando parte do álbum. Frischmann retomou o contacto con Annie Holland a comezos de 1999 e reuniu unha nova formación da banda, que incluía a Justin Welch, a teclista e vocalista Sharon Mew, antiga integrante de Heave, ao guitarrista Paul Jones (exmembro de Linoleum) e ao teclista Dave Bush, anteriormente en The Fall.Strong, Martin C. (2000). The Great Rock Discography (5ª ed.). Edimburgo: Mojo Books. pp. 312-313. ISBN 1-84195-017-3

A banda escoitou as gravacións previas do material e decidiu refacelo todo no outono de 1999. A gravación levou só seis semanas e custou arredor de 10 000 £. O excompañeiro de Bush, Mark E. Smith, participou na composición e gravación de dúas cancións do álbum: “How He Wrote Elastica Man” , un xogo co título do sinxelo de The Fall de 1980 “How I Wrote ‘Elastic Man’”, e “KB”. O álbum tamén inclúe dúas sesións temperás con Donna Matthews (“Image Change” e “How He Wrote Elastica Man”) e unha versión de Trio, “Da Da Da”, coa participación de Damon Albarn aos teclados baixo o alias anagramado Norman Balda.

Nunha entrevista de 2013, Frischmann revelaría os seus remorsos sobre o valor do álbum, afirmando que Elastica debería ter sido “un proxecto dun só disco”.

A fotografía da portada foi tomada pola artista visual e música Maya Arulpragasam, máis tarde coñecida como M.I.A., quen tamén dirixiu o vídeo de “Mad Dog God Dam” e deseñou a portada do último sinxelo da banda, “The Bitch Don’t Work”.

Recepción O álbum alcanzou o posto número 24 na lista de álbums do Reino Unido. En Metacritic, que asigna unha cualificación normalizada sobre 100 ás críticas dos críticos mainstream, The Menace ten unha puntuación media de 69 baseada en 19 críticas, o que indica "críticas xeralmente favorables". O crítico estadounidense Robert Christgau considerou The Menace un mellor álbum que o debut homónimo da banda, pero recoñeceu que o seu impacto sería inexistente.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Elastica Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Álbums producidos por Alan Moulder