A tempada 2010-2011 da División de Honra B de rugby foi a 13ª edición da competición ligueira que ocupa o segundo nivel no sistema do rugby español. Nesta tempada mantívose o formato de 2 grupos con 8 equipos cada un que xogan entre si todos fronte a todos un total de 14 encontros, 7 como local e 7 como visitante. Ó remate da liga regular, os 2 mellores equipos de cada grupo acadan o dereito a loitar polo ascenso á División de Honra nunha eliminatoria na que se enfrontan o primeiro de cada grupo fronte ó segundo do outro grupo, en dous encontros. Equipos Os equipos participantes nesta edición 2010-11 da División de Honra B foron: Grupo 1 300px •Oviedo •Durango, Mungía •Hernani, Getxo •Vigo BUC, Barça• ClubCidadeEstadio Vigo Rugby ClubVigoCampus Lagoas-Marcosende Hernani CREHernaniLandare Toki Getxo RTGetxoFadura Oviedo RCOviedoCampo del Naranco Mungia RTMungíaArdanzas Durango RTDurangoArripausueta Barcelona Universitari ClubBarcelonaCiudad Deportiva Joan Gamper FC BarcelonaBarcelonaLa Foixarda
Grupo 2 300px •Liceo, Cisneros, Arquitectura, CRC •Les Abelles • Helvetia • Atco. Portuense Ponent• ClubCidadeEstadio CR Atlético PortuenseEl Puerto de Santa MaríaC.D Puerto de Santa María CR Liceo FrancésMadridRamón Urtubi CRC MadridMadrid Les AbellesValenciaCampo del Río Turia Helvetia RugbySevillaEstadio de La CartujaCD ArquitecturaMadridCentral RC PonentMallorca - Complutense CisnerosMadridCentral
Liga regular A edición 2010-2011 da División de Honra B rematou o 30 de xaneiro de 2011. Despois de 14 xornadas nas que tódolos equipos de cada grupo xogaron entre si dous encontros, os dous grupos quedaron do seguinte xeito:
Grupo 1 da División de Honra B 2010/11EquipoPuntosXog.Gañ.Emp.Per.Bonus+Bonus- 1 Getxo RT 57 14 12 1 1 6 1 2 Vigo RC 50 14 10 0 4 7 3 3 FC Barcelona 48 14 10 1 3 4 2 4 Hernani CRE 40 14 7 1 6 7 3 5 Oviedo RC 34 14 7 0 7 4 2 6 Durango RT 21 14 4 0 10 3 2 7 BUC 21 14 3 1 10 4 3 8 Uribealdea RT 4 14 1 0 13 0 0A vitoria vale 4 puntos e o empate 2. Os puntos de bonus, un punto por cada un, acádanse marcando 4 ensaios ou máis, e perdendo por 7 puntos ou menos.
Grupo 2 da División de Honra B 2010/11EquipoPuntosXog.Gañ.Emp.Per.Bonus+Bonus- 1 CRC Madrid 64 14 13 1 0 10 0 2 Les Abelles RC 63 14 12 1 1 12 1 3 CR Cisneros 41 14 9 0 5 4 1 4 C.R Liceo Francés 41 14 8 0 6 6 3 5 CR At. Portuense 34 14 6 0 8 7 3 6 Helvetia Rugby 24 14 5 0 9 3 1 7 CD Arquitectura 16 14 2 0 12 4 4 8 CR Ponent 4 14 0 0 14 2 2A vitoria vale 4 puntos e o empate 2. Os puntos de bonus, un punto por cada un, acádanse marcando 4 ensaios ou máis, e perdendo por 7 puntos ou menos.
Ascenso a División de Honra Play Offs polo ascenso 13 de febreiro de 2011Vigo RC11 - 6 CRC Madriden Vigo 13 de febreiro de 2011Les Abelles RC 15 - 13 Getxo RTen Valencia 20 de febreiro]] 2011CRC Madrid 6 - 6 Vigo RCen Madrid20 de febreiro de 2011Getxo RT 43 - 21 Les Abelles RCen Getxo
Os dous primeiros equipos de cada grupo clasificáronse para disputar a eliminatoria polo ascenso a División de Honra. Tralos encontros disputados os días 13 e 20 de febreiro, os dous equipos do Grupo 1 venceron as súas eliminatorias, e tanto Getxo RT coma Vigo RC acadaron o dereito a ser equipos de División de Honra na tempada 2011-2012.
O ascenso do Vigo Rugby Club á División de Honra foi un feito histórico no rugby galego, ao ser a primeira vez que un equipo de Galicia ascendía á elite do rugby estatal.
Descenso a Primeira Nacional Os 2 piores equipos, CR Ponent e Uribealdea RT, últimos nos 2 grupos, descenderon directamente a 1ª Nacional. Os seus postos serán ocupados por L`Hospitalet RC e CD Hercesa. Os outros 2 piores equipos, BUC e CD Arquitectura, penúltimos nos 2 grupos, tiveron que enfrontarse nunha eliminatoria a 2 equipos clasificados dende a 1ª Nacional para evita-lo descenso. No caso do CD Arquitectura, foi quen de vencer na eliminatoria fronte a Eibar RT. No caso do BUC, caeu fronte ó Independiente RC, e polo tanto o equipo cántabro substituirá ó catalán na División de Honra B na tempada 2011-2012..
Notas
Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby
Outros artigos División de Honra de Rugby 2010-2011 Liga Galega de Rugby 2010-11
Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 2010 Categoría:Rugby en 2011