Hamady Barro N'Diaye, nado o 12 de xaneiro de 1987 en Dakar, Senegal, é un xogador senegalés de baloncesto profesional que xoga no Élan Béarnais da LNB Pro A.

Traxectoria profesional Antes de ser elixido do draft da NBA de 2010, N'Diaye era o pivote titular para os Scarlet Knights da Universidade de Rutgers. Hamady creceu no Senegal e foi aos Estados Unidos para ir ao instituto a Stoneridge Preparatory School en Simi Valley, California.

Na tempada 2009-10, N'Diaye conseguiu 145 tapóns e fixo 4.5 tapóns por partido (a terceira marca máis alta do país). O 9 de marzo de 2010, durante a derrota por 69-68 contra Cincinnati no Big East Tournament, N'Diaye rematou a tempada con 358 tapóns na súa carreira, e 145 na tempada. N'Diaye foi galardoado co premio ao xogador defensivo do ano.

O 24 de xuño de 2010, N'Diaye foi escollido na 56ª posición do draft da NBA polos Minnesota Timberwolves. Os seus dereitos foron traspasados aos Washington Wizards. O 6 de xaneiro de 2011, N'Diaye foi asignado aos Dakota Wizards na NBA D-League. Foi chamado por Washington o 4 de febreiro de 2011. O 1 de xaneiro de 2012, foi asignado aos Iowa Energy da D-League. Foi cortado polos Wizards o 7 de febreiro de 2012.Wizards waive Hamady Ndiaye O 27 de febreiro de 2012, asinou cos Maine Red Claws da D-League.

Antes do comezo da tempada 2012-13, uniuse ós Sacramento Kings.2012-13 SACRAMENTO KINGS TRAINING CAMP ROSTER

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Eurobasket.com

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Dakar Categoría:Xogadores de baloncesto do Senegal Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores do Bnei Herzliya Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores do SS Felice Scandone Categoría:Xogadores do BCM Gravelines‎ Categoría:Xogadores do Élan Béarnais Pau-Orthez