Central River é a división máis grande das cinco divisións administrativas de Gambia. A capital é Janjanbureh (antes Georgetown), na MacCarthy Island.

Até 1995 a división era denominada MacCarthy Island, que se establecera como unha das cinco áreas administrativas do Protectorado de Gambia, a inicios do século XX. O seu territorio cobre ambas beiras do Río Gambia, e a súa poboación total era, no 2008, de 197.245 habitantes, dando unha densidade de poboación de 68 persoas por cada quilómetro cadrado.

Distritos Central River divídese en dez distritos: Fulladu West Janjanbureh Lower Saloum Niamina Dankunku Niamina East Niamina West Niani Nianija Sami Upper Saloum

Véxase tamén Central River en The Atlas of the Gambia

Categoría:Divisións de Gambia