Manuel Candocia Ramos, nado en Cedeira en 1945 e finado na Igrexa (As Somozas) o 19 de xaneiro de 2014Falece o alcalde das Somozas, Manuel Candocia, mentres presenciaba un partido de fútbol Noticia en La Voz de Galicia, foi un político galego, alcalde das Somozas durante máis de tres décadas.

Traxectoria Foi elixido alcalde das Somozas nas primeiras eleccións democráticas por UCD. Continuou no posto despois dos comicios de 1983 e 1987 ao encabezar as candidaturas de Coalición Galega e Coalición Progresista Galega. Nas eleccións municipais de 1991 presentouse polo PPdeG e obtivo de novo a maioría absoluta, que repetiu nas seguintes eleccións. Durante os seus mandatos construíuse o polígono empresarial das Somozas.

Propietario dun bar nas Somozas, foi tamén o presidente do club de fútbol Unión Deportiva Somozas dende 1984 ata o seu falecemento, trinta anos despois.

Vida persoal Era fillo de solteira. Faleceu na tarde do 19 de xaneiro do 2014 mentres presenciaba o partido que enfrontaba a UD Somozas e o CCD Cerceda, a causa dun infarto. Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais nas Somozas

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia, 6 de novembro de 2008. Reportaxe en El País, 19 de maio de 2011 .

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes das Somozas Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes