Corrosion of Conformity (tamén coñecida como C.O.C.) é unha banda estadounidense de heavy metal procedente de Raleigh, Carolina do Norte e formada en 1982. Durante case toda a súa existencia a banda estivo composta polo guitarrista Woody Weatherman, o baixista Mike Dean, o batería Reed Mullin e o vocalista e guitarrista Pepper Keenan (que se uniu ao grupo en 1989). Despois dun hiato en 2006, Corrosion of Conformity regresou no 2010 sen Keenan, que actualmente está en Down.

Ata a data Corrosion of Conformity leva editados sete álbums de estudio, dous EPs, un recompilatorio e un álbum ao vivo. Os seus tres primeiros lanzamentos foron por selos independentes, e estes chamaron a atención de Columbia Records, coa cal asinaron en 1993, lanzando Deliverance, o seu disco máis exitoso ata a data, un ano máis tarde. Os seus seguintes tres álbum tamén foron un éxito de crítica. Corrosion of Conformity está actualmente traballando no seu oitavo álbum de estudio, o cal agardan editar durante o ano 2011.

Discografía Álbum Ano Selo Eye for an Eye 1984 No Core/Toxic Shock/Caroline Records Animosity 1985 Metal Blade Records Blind 1991 Relativity Records Deliverance 1994 Columbia Records Wiseblood 1996 Columbia Records America's Volume Dealer 2000 Sanctuary Records In the Arms of God 2005 Sanctuary Records Corrosion of Conformity 2012 Candlelight Records IX 2014 Candlelight Records No Cross No Crown 2018 Nuclear Blast Good God / Baad Man 2026 Nuclear Blast

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de sludge metal Categoría:Grupos musicais de stoner metal Categoría:Grupos musicais de crossover thrash Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de Carolina do Norte Categoría:Grupos musicais formados en 1982