Luke Robert Babbitt, nado o 20 de xuño de 1989 en Cincinnati, Ohio, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Xogou na Universidade de Nevada-Reno dúas tempadas antes de declararse elixible para o Draft da NBA de 2010 despois do seu ano coma sophomore.

NBA No Draft da NBA de 2010 foi seleccionado na 16ª posición polos Minnesota Timberwolves. Os seus dereitos foron traspasados xunto co ala de Minnesota Ryan Gomes aos Portland Trail Blazers a cambio de Martell Webster. Babbitt asinou o seu contrato coma rookie cos Blazers o 6 de xuño de 2010. O 8 de decembro de 2010, os Trail Blazers asignaron a Babbitt aos Idaho Stampede da NBA D-League. Foi chamado de volta dez días despois. O 3 de marzo de 2011, foi asignado outra vez aos Idaho Stampede.Trail Blazers' Luke Babbitt heads to NBA Development League

O 4 de febreiro de 2014, asinou cos New Orleans Pelicans.Pelicans Sign Babbitt O 20 de xullo de 2015, asinou de novo cos Pelicans.

O 10 de xullo de 2016, Babbitt foi traspasado ós Miami Heat a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2018.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Cincinnati, Ohio Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do BC Nizhny Novgorod Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks