Beatriz Manjón Bermúdez, nada en Ferrol o 7 de marzo de 1976, é unha escritora, xornalista e presentadora de televisión galega.<ref>Artigo en La Voz de Galicia .</ref>

Traxectoria

Estudou no IES Sánchez Cantón, na Universidade de Navarra e na de Santiago de Compostela. Filla de nai cordobesa, é licenciada en xornalismo. Presentou varios programas de televisión, a maioría deles na Televisión de Galicia, coma Bravo polos amigos (2002) xunto con Alberto Comesaña, Noite Brava (2004), Noitemóbil (2006)"Beatriz Manjón, volta e noite" , artigo en Galicia Hoxe., Buscando estrelas xunto con Tacho González (2007), a Revista Fin de Semana, A Solaina ou Voga voga mariñeiro (2014).Voga voga mariñeiro á carta na páxina da TVG.

Presentou o concurso cultural Teletreando na canle La 7, da Rexión de Murcia e o talk-show La Bomba en Canal Nou. Colaborou noutras cadeas coma TVE, Canal Sur ou Antena 3.

Escribiu dende 2008 ata 2010 unha columna en La Voz de Galicia chamada "El Cuaderno de Beatriz" e en 2012 publicou a novela Héroes de polvo (editorial: Suma de Editores).

En 2025 incorporouse ao programa Quen anda aí?, da TVG, onde substituíu a Roberto Vilar.

Obra literaria

Héroes de polvo (2012). Suma. 336 páxs. ISBN 9788483653364. Una vez fui bella (2022. Monóculo. ISBN 9788412437065. No me salves (2023). Monóculo. 184 páxs. ISBN 9788412690729.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb. Currículo en Mundo Mejor Producciones''.

Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Presentadores de televisión de Galicia Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela