Francisco Ibáñez Talavera, nado en Barcelona o 15 de marzo de 1936 e finado na mesma cidade o 15 de xullo de 2023, foi un autor de cómics catalán, un dos máis coñecidos en lingua castelá.
Traxectoria Comezou a súa vida profesional traballando no Banco Español de Crédito, pasando a dedicarse xa plenamente ó cómic no ano 1957, cando entrou na Editorial Bruguera, na que estivo ata 1985, en que marchou por desacordos.
Os seus personaxes máis populares son, sen dúbida, Mortadelo e Filemón, dos que leva máis de corenta anos escribindo historietas. Outros tamén moi coñecidos son O Botóns Sacarino, Pepe Gotera e Otilio, Rompetechos ou 13, Rue del Percebe.
As súas obras son coñecidas en todo o mundo, xa que sobre todo Mortadelo e Filemón está traducidos a numerosas linguas.
Mortadelo e Filemón no mundo Os cómics destes dous personaxes véndense no mundo con moitos nomes diferentes. Teñen unha excelente acollida en Alemaña, razón pola que se lle dedica unha publicación monográfica. Os seus nomes varían dunha lingua a outra:
Paling & Ko, en holandés ou neerlandés. Mortadelo e Salaminho en portugués (Brasil) Salamão e Mortadela en portugués (Portugal) Flink och Fummel en sueco Flip & Flop en dinamarqués Mortadel et Filémon en francés (tamén Futt et Fil) Fortune & Fortuni en italiano (tamén Mortadella e Filemone) Αντιριξ και Συμφωνιξ (Antirix kai Symphonix, pronunciado Andirix ke Simfonix) en grego Älli ja Tälli en finés Clever & Smart en noruegués, checo e alemán Zriki Svargla & Sule Globus en serbocroata Mortadel·lo i Filemó en catalán
Recoñecementos
1994, Gran Premio do Salón do Cómic de Barcelona. 2002, Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes.
O día 15 de marzo, rememorando a data de nacemento, celébrase o Día Oficial de Francisco Ibáñez.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía de Ibáñez Diferentes portadas de Mortadelo e Filemón en idiomas estranxeiros .
Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes