A tempada 1996-1997 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 30 da máxima categoría do rugby en España. A tempada rematou coa vitoria final no campionato para UE Santboiana por quinta vez na súa historia.
A UE Santboiana era o defensor do título logrado na anterior tempada. Os dous novos equipos na categoría foron o Bera Bera Rugby Taldea e o CD Universidad de Sevilla, que ocuparon os lugares de El Salvador e BUC, descendidos o ano anterior.
Clasificación {| class="wikitable" width="65%" style="text-align: center;" |- |colspan="15" cellpadding="0" cellspacing="0"| División de Honra — Tempada 1996/97 |- !bgcolor="#efefef" width="20"|Posto !bgcolor="#efefef" width="200"|Equipo !bgcolor="#efefef" width="20"|Puntos !bgcolor="#efefef" width="20"|Xogados !bgcolor="#efefef" width="20"|Gañ. !bgcolor="#efefef" width="20"|Emp. !bgcolor="#efefef" width="20"|Per. !bgcolor="#efefef" width="20"|PF !bgcolor="#efefef" width="20"|PC
|- bgcolor=#99ccff align=center | 1 ||align=left| UE Santboiana ||bgcolor=#ffffa5|30|| 18 || 15 || 0 || 3 || 537 || 292 |- bgcolor=#ffffff align=center | 2 ||align=left| Getxo RT ||bgcolor=#ffffa5|30|| 18 || 15 || 0 || 3 || 536 || 315 |- bgcolor=#ffffff align=center | 3 ||align=left| CD Arquitectura ||bgcolor=#ffffa5|26|| 18 || 13 || 0 || 5 || 490 || 328 |- bgcolor=#ffffff align=center | 4 ||align=left| VRAC ||bgcolor=#ffffa5|20|| 18 || 10 || 0 || 8 || 358 || 386 |- bgcolor=#ffffff align=center | 5 ||align=left| CR Ciencias ||bgcolor=#ffffa5|18|| 18 || 9 || 0 || 9 || 333 || 379 |- bgcolor=#ffffff align=center | 6 ||align=left| Real Canoe ||bgcolor=#ffffa5|16|| 18 || 8 || 0 || 10 || 431 || 351 |- bgcolor=#ffffff align=center | 7 ||align=left| CR Cisneros ||bgcolor=#ffffa5|14|| 18 || 7 || 0 || 11 || 412 || 482 |- bgcolor=#ffffff align=center | 8 ||align=left| U.Sevilla ||bgcolor=#ffffa5|12|| 18 || 6 || 0 || 12 || 436 || 454 |- bgcolor=#f08080 align=center | 9 ||align=left| RC Valencia ||bgcolor=#ffffa5|12|| 18 || 6 || 0 || 12 || 429 || 522 |- bgcolor=#F08080 align=center | 10 ||align=left| Bera Bera RT ||bgcolor=#ffffa5|2|| 18 || 1 || 0 || 17 || 263 || 716 |- bgcolor=#ffffff align=center |colspan="15"| <<<< 1995/96 — Tempadas — 1997/98 >>>>
En azul o campión de liga (1º). En vermello as posicións de promoción (9º e 10º).
Datos finais do campionato
UE Santboiana conseguiu o campionato nacional de liga, con 30 puntos en 18 xornadas. Foi o 5º título de liga para o club. Getxo RT rematou empatado a puntos e a vitorias con UE Santboiana. O título de campión decidiuse pola suma dos puntos acadados por cada equipo nos seus dous enfrontamentos cara a cara (20-16 en Sant Boi e 34-33 en Getxo). O último clasificado, Bera Bera Rugby Taldea, descendeu de categoría ó remate da tempada caendo na promoción fronte ó CN Montjuic. O Valencia non tivo que disputar a súa eliminatoria de promoción por renuncia do RC L'Hospitalet. Os xogadores da UE Santboiana Alberto Malo e Albert Torras, lideraron a táboa de ensaiadores da liga, con 14 ensaios cada ún; mentres que o apertura ucraíno nacionalizado español Andrei Kovalenco, do Real Canoe''', liderou a táboa de anotadores con 150 puntos. Club de Rugby El Salvador, Club Natació Montjuic e Club de Rugby Liceo Francés acadaron o ascenso para competir na tempada 1997-98 na División de Honra, cuxo formato ía pasar de 10 a 12 equipos.
Véxase tamén Outros artigos Heineken Cup 1996-97
Ligazóns externas Resultados finais da liga publicados pola Federación Española de Rugby en Ferugby.com
Categoría:Rugby en 1997 Categoría:División de Honra de Rugby