John Surtees, OBE, nado o 11 de febreiro de 1934 en Tatsfield, Surrey e finado en Londres o 10 de marzo de 2017, foi un piloto británico de motociclismo e de Fórmula 1. Foi campión do mundo de 500 cc de motocicletas en 1956 e 1958-60, campión do mundo de Fórmula 1 en , e segue sendo a única persoa que gañou campionatos do mundo en dous e catro rodas. Tamén foi embaixador da Racing Steps Foundation.

Historia miniatura|left|Surtees (esquerda) e Mauro Forghieri en 1965miniatura|right|Surtees nos 1000 km de Nürburgring de 1965. miniatura|left|Surtees e Yoshio Nakamura no Gran Premio dos Países Baixos de 1968. miniatura|right|Surtees no Gran Premio dos Países Baixos de 1969 miniatura|left|Surtees ao volante do Surtees TS7.

Surtees gañou sete títulos mundiais en carreiras de motocicletas, gañando o campionato de 350cc desde 1958 a 1960, e o campionato de 500cc en 1956 e desde 1958 a 1960.

Surtees cambiou as motocicletas polos automóbiles, facendo o seu debut en 1960 na Fórmula Un co equipo Lotus no Gran Premio de Mónaco, obtendo un segundo posto na súa segunda carreira, no circuíto de Silverstone. En 1961 correu co equipo Yeoman Credit a bordo dun Cooper TS3, con malos resultados: só logrou finalizar tres carreiras, con dous quintos postos como mellor resultado. En 1962 continuou no mesmo equipo, agora rebautizado Bowmaker-Yeoman, pero esta vez ao comando dun Lola Mk 4, obtendo dous segundos postos, un cuarto e dous quintos, que lle deron o cuarto lugar no campionato de pilotos detrás de Graham Hill, Jim Clark e Bruce McLaren.

Os bos resultados de 1962 fixeron que en 1963 o contratase Ferrari, que buscaba un piloto en condicións de devolvela aos primeiros postos logo dun ano desastroso, en que o mellor dos seus pilotos quedou no 11° lugar no campionato. John gozaba ademais das simpatías do público italiano, logo dos numerosos campionatos de motociclismo gañados coa MV Agusta. Aínda que o ano non foi extraordinario, unha vitoria no GP de Alemaña, un segundo, un terceiro e un cuarto lugar déronlle os puntos suficientes para lograr outra vez o cuarto lugar no campionato, aínda que moi lonxe do indiscutido campión dese ano, Jim Clark. Surtees demostrou, de todos os xeitos, ser unha excelente adquisición para Ferrari: os seus compañeiros de equipo, Lorenzo Bandini e Ludovico Scarfiotti, terminaron o campionato en 10° e 17° lugar, con 6 e 1 puntos respectivamente.(Dous dos puntos de Bandini en 1963 foron obtidos correndo para BRM).

No campionato de 1964 Surtees, Graham Hill e Clark disputaron palmo a palmo o título. Surtees venceu nos grandes premios de Alemaña e Italia, Hill en Mónaco e os Estados Unidos, e Clark en Holanda, Bélxica e Gran Bretaña. Á última carreira do ano, o Gran Premio de México, chegaron os tres con posibilidades de ser campións, con Hill avantaxando a Surtees en 6 puntos e a Clark en 9. O segundo posto de John consagrouno campión pola mínima diferenza, nunha carreira esgotadora na que Clark foi primeiro ata a penúltima volta, na que o seu motor estalou.

En 1965 o seu Ferrari xa non era tan competitivo, e o desenvolvemento do novo motor de 12 cilindros atrasábase. Para maior complicación, sufriu un grave accidente no circuíto de Mosport Park, ao mando dun Lola T-70, durante unha práctica para unha carreira do campionato CanAm. Aínda co accidente e os pobres resultados, logrou o quinto posto no campionato de 1965, por diante do seu compañeiro de equipo Bandini.

Sorprendentemente repúxose do seu accidente (aínda que as secuelas afectariano ata moito despois) e competiu novamente para Ferrari nas tres primeiras carreiras de 1966. Pero logo de vencer en Spa-Francorchamps, e por mor dunha disputa co director deportivo de Ferrari, Eugenio Dragoni, pasouse a Cooper, marca coa que correu as restantes carreiras do ano adxudicándose un segundo posto, un terceiro, e a vitoria no Gran Premio de México. Jack Brabham resultou campión ese ano, con Surtees segundo.

Entre 1967 e 1968 participou no proxecto de Honda de pór un automóbil enteiramente xaponés na F-1. Os resultados foron en xeral desalentadores: o auto desenvolvía unha potencia infrecuente para aqueles tempos, pero adoecía de defectos de sostibilidade e confiabilidade. En 1967 só logrou chegar á meta en 4 carreiras, pero tivo a enorme satisfacción de vencer no Gran Premio de Italia, na que moitos medios de prensa (en particular italianos) consideraron a súa "vinganza" por ser inxustamente despedido de Ferrari, e terminar o ano cun cuarto posto no campionato. En 1968 os resultados volveron ser esquivos. Surtees logrou chegar á meta só en catro ocasións, abandonando nas oito restantes, sendo o seu mellor resultado un segundo posto en Francia como mellor clasificación e obtendo un oitavo lugar no campionato. Honda decidiu terminar o seu proxecto ao final do ano.

En 1969 Surtees converteuse en piloto do equipo BRM. Foi outro ano sen resultados, en especial debido á complexidade do motor de 16 cilindros que equipaba aos BRM P138 e P139, e apenas puido terminar tres carreiras, cun terceiro posto en México como mellor resultado, que lle valeron o décimo primeiro posto no campionato.

En 1970 decidiu formar o seu propio equipo, Surtees Racing Organization, primeiro cun McLaren M7C da tempada anterior modificado, ata que a metade de ano saíu ás pistas o primeiro modelo propio, o Surtees TS/7. Competiu coa súa propia marca ata a súa retirada en 1972, e continuou dirixindo o seu equipo durante as 119 carreiras que este disputou ata abandonar a Fórmula 1 en . A aventura do equipo propio acabouse ese ano, tanto por dificultades orzamentarias canto por un novo internamento hospitalario de John (secuela do seu accidente de 1965). Con todo, algo reconfortante, sacou do seu internamento: acabou casando cunha das súas enfermeiras, ca que tivo tres fillos e viviu ata a súa morte na zona rural de Kent, Inglaterra.

En 1996, foi incorporado ao Salón da Fama dos deportes de motor.

O seu fillo, Henry Surtees, tamén foi piloto de automobilismo de velocidade ata que nunha carreira de Fórmula 2 a roda doutro monopraza accidentado golpeoulle na cabeza creándolle fortes traumatismos e feridas na cabeza e pescozo que non conseguiu superar. O novo piloto de tan só 18 anos morría a tarde do 19 de xullo de 2009.

Vida persoal e morte Surtees casou dúas veces, primeiro con Patricia Burke en 1962. A parella se divorciou en 1979. A súa segunda esposa foi Jane Sparrow, con quen casou en 1987, e con quen tivo tres fillos, Leonora, Edwina e Henry.

Surtees morreu o 10 de marzo de 2017 no St George's Hospital en Londres de insuficiencia respiratoria á idade de 83 anos.

Resultados completos en motociclismo Posición 1 2 3 4 5 6 Puntos 8 6 4 3 2 1

(As carreiras en letra grosa indican "pole position"; as carreiras en itálica indican volta máis rápida)

Ano Cilindrada Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Puntos Posto Vitorias 1952 500cc Norton SUI - IOM - NED - BEL - GER - ULS 6 NAT - ESP - 1 18º 0 1954 350cc Norton FRA - IOM 11 ULS - BEL - NED - GER - SUI - NAT - ESP - 0 - 0 500cc Norton FRA - IOM 15 ULS - BEL - NED - GER - SUI - NAT - ESP - 0 - 0 1955 250cc NSU FRA - IOM - GER - NED - ULS 1 NAT - 8 7º 1 350cc Norton IOM 4 GER 3 BEL - NED - ULS 3 NAT - 11 6º 0 500cc Norton ESP - FRA - IOM 29 GER - BEL - NED - ULS - NAT - 0 - 0 1956 350cc MV Agusta IOM - NED 2 BEL 1 GER - ULS - NAT - 14 4º 1 500cc MV Agusta IOM 1 NED 1 BEL 1 GER - ULS - NAT - 24 1º 3 1957 350cc MV Agusta GER - IOM 4 NED - BEL - ULS - NAT - 3 10º 0 500cc MV Agusta GER - IOM 2 NED 1 BEL - ULS - NAT 4 17 3º 1 1958 350cc MV Agusta IOM 1 NED 1 BEL 1 GER 1 SWE - ULS 1 NAT 1 48 1º 6 500cc MV Agusta IOM 1 NED 1 BEL 1 GER 1 SWE - ULS 1 NAT 1 48 1º 6 1959 350cc MV Agusta FRA 1 IOM 1 GER 1 SWE 1 ULS 1 NAT 1 48 1º 6 500cc MV Agusta FRA 1 IOM 1 GER 1 NED 1 BEL 1 ULS 1 NAT 1 56 1º 7 1960 350cc MV Agusta FRA 3 IOM 2 NED 1 ULS 1 NAT - 26 1º 2 500cc MV Agusta FRA 1 IOM 1 NED - BEL 1 GER 1 ULS 2 NAT 1 46 1º 5

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos. Pts Team Lotus Lotus 18 Climax FPF 2.5 L4 ARX MONRet 500 NED BEL FRA GBR2 PORRet ITA USARet 14º 6 Yeoman Credit Racing Team Cooper T53 Climax FPF 2.5 L4 MONRet NED7 BEL5 FRARet GBRRet ALE5 ITARet USARet 12º 4 Bowmaker-Yeoman Racing Team Lola Mk4 Climax FWMV 1.5 V8 NEDRet MON4 BEL5 FRA5 GBR2 ALE2 USARet RSARet 4º 19 Lola Mk4A ITARet Scuderia Ferrari SpA SEFAC Ferrari 156 Ferrari 178 1.5 V6 MON4 BELRet NED3 FRARet GBR2 ALE1 ITARet USARet MEXDSC RSARet 4º 22 Scuderia Ferrari SpA SEFAC Ferrari 158 Ferrari 205B 1.5 V8 MONRet NED2 BELRet FRARet GBR3 ALE1 AUTRet ITA1 1º 40 North American Racing Team USA2 MEX2 Scuderia Ferrari SpA SEFAC Ferrari 158 Ferrari 205B 1.5 V8 RSA2 MON4 BELRet FRA3 5º 17 Ferrari 1512 Ferrari 207 1.5 F12 GBR3 NED7 ALERet ITARet USA MEX Scuderia Ferrari SpA SEFAC Ferrari 312 Ferrari 218 3.0 V12 MONRet BEL1 2º 28 Cooper Car Company Cooper T81 Maserati 9/F1 3.0 V12 FRARet GBRRet NEDRet ALE2 ITARet USA3 MEX1 Honda Racing Honda RA273 Honda RA273E 3.0 V12 RSA3 MONRet NEDRet BELRet FRA GBR6 ALE4 CAN4º20 Honda RA300 ITA1 USA Ret MEX4 Honda Racing Honda RA300 Honda RA273E 3.0 V12 RSA8 7º 12 Honda RA301 Honda RA301E 3.0 V12 ESPRet MONRet BELRet NEDRet FRA2 GBR5 ALERet ITA Ret CANRet USA3 MEXRet Owen Racing Organisation BRM P138 BRM P142 3.0 V12 RSARet ESP5 MONRet NED9 FRA 11º 6 BRM P139 GBRRet ALENTS ITANC CANRet USA3 MEXRet Team Surtees McLaren M7C Ford Cosworth DFV 3.0 V8 RSARet ESPRet MONRet BEL NED6 FRA 18º 3 Surtees TS7 GBRRet ALE9 AUTRet ITARet CAN5 USA Ret MEX8 Brooke Bond Oxo Team Surtees Surtees TS9 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 RSARet ESP11 MON7 NED5 FRA8 GBR6 ALE7 AUTRet ITARet CAN11 USA17 19º 3 Team Surtees Surtees TS14 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX RSA ESP MON BEL FRA GBR ALE AUT ITA Ret CAN USANTS NC 0

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans Ano Equipo Co-Piloto Coche Clase voltas Pos. 1963http://www.motorsportmagazine.com/database/races/629-1963-le-mans-24-hours Ferrari Willy Mairesse 250P P 3.0 252 15 (Ret) 1964http://www.experiencelemans.com/contents/en-us/d173_1964_Le_Mans_24_Hours_Competitors_Results.html Ferrari Lorenzo Bandini 330P P 5.0 337 3 1965http://www.experiencelemans.com/contents/en-us/d172_1965_Le_Mans_24_Hours_Competitors_Results.html Ferrari Ludovico Scarfiotti 330P2 P 5.0 225 17 1967http://www.experiencelemans.com/contents/en-us/d170_1967_Le_Mans_24_Hours_Competitors_Results.html Lola Cars David Hobbs Lola T70 P 5.0 3 53 (Ret)

Notas

Ligazóns externas

John Surtees páxina oficial Biography from GrandPrix.com Biography from F1db.com Sky Sport video documentary on John Surtees John Surtees Isle of Man TT statistics at iomtt.com Pilotos de lenda - JOHN SURTEES

Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Pilotos campións do mundo de Fórmula 1 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de McLaren Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de British Racing Motors Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Honda Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Propietarios de escuderías de Fórmula 1