Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street (en ) é un filme de comedia negra dirixido por Tim Burton que se estreou no 2007. Baséase no musical de 1979 The Demon Barber of Fleet Street. Estreouse en galego o 8 de maio de 2011 a través da TVG.

Sinopse 250px|miniatura|Navalla de Sweeney Todd Benjamin Barker (Johnny Depp), un experto barbeiro, é falsamente acusado e condenado a unha vida de traballos forzados en Australia polo corrupto xuíz Turpin (Alan Rickman), quen estaba namorado de Lucy, a esposa de Barker (Laura Michelle Kelly). Agora, co alias de " Sweeney Todd ", Barker volve a Londres xunto ó mariñeiro Anthony Hope (Jamie Campbell Bower). No seu vello local da rúa Fleet, enriba da pastelería da Sra. Nellie Lovett (Helena Bonham Carter), dinlle que Lucy foi violada por Turpin e que ela mesma se envelenou con arsénico. A filla adolescente de Tood, Johanna (Jayne Wisener), é agora a discípula de Turpin, igual que a súa nai antes de que ela fose o obxecto de desexo de Turpin. Todd clama vinganza, volvendo a abrir a súa barbería sobre a pastelería despois de que a Sra. Lovett lle amosara as súas vellas navallas de afeitar.

Personaxes Johnny Depp como Sweeney Todd/Benjamin Barker Helena Bonham Carter como Mrs. Lovett Alan Rickman como Xuíz Turpin Jamie Campbell Bower como Anthony Hope Timothy Spall como Beadle Bamford Sacha Baron Cohen como Adolfo Pirelli/Davy Collins Ed Sanders como Toby Ragg Laura Michelle Kelly como Lucy Barker Jayne Wisener como Johanna Barker

Galardóns e nomeamentos Premios Óscar Ano Categoría Persoa Resultado Premios Oscar de 2007 Oscar ó mellor actor Johnny Depp Nomeado Oscar á mellor dirección de arte Dante FerrettiFrancesca Lo Schiavo Gañador Oscar ó mellor deseño de vestiario Colleen Atwood Nomeado

Globo de Ouro Ano Categoría Persoa Resultado Premios Globo de Ouro 2008 Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical Gañadora Globo de Ouro ó mellor director Tim Burton Gañador Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical Johnny Depp Gañador Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical Helena Bonham Carter Nomeada

Premios BAFTA Ano Categoría Persoa Resultado Premios BAFTA 2007 BAFTA ó mellor deseño de vestiario Colleen Atwood Nomeado BAFTA á mellor maquillaxe e peiteado Ivana Primorac Nomeada

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Tim Burton Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre asasinos en serie Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical Categoría:Filmes musicais Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego