Tras a súa independencia de Etiopía en 1993, Eritrea enfrontou os problemas dunha economía pequena e moi pobre, agravados pola implementación recente de políticas restritivas recentes. Como outras nacións africanas, gran parte da súa poboación - o 80% - vive da agricultura de subsistencia, (cereais, patacas, garavanzos), a gandaría (ovellas, cabras, camelos), agravada polas sucesivas guerras con Etiopía. Tras a ofensiva de 2000, Eritrea tivo perdas por valor superior aos 825 millóns de dólares, con graves danos no sector agrícola, mantendo un crecemento negativo da súa economía durante tres anos.
Massaua e Assab son dous importantes portos pesqueiros.
Tras o conflito, as actuacións públicas han conseguido melloras importantes en portos, aeroportos e comunicacións por estrada, aínda que se está moi lonxe de conseguir o descenso significativo da taxa de desemprego e estabilizar a economía para que sexa apetecible aos investimentos estranxeiros.
O déficit alimentario causado polas guerras e as catástrofes naturais cóbrese con axudas internacionais.
Notas
Eritrea Categoría:Eritrea