Denis Clive "Denny" Hulme, OBE, nado o 18 de xuño de 1936 e finado o 4 de outubro de 1992, foi un piloto de Fórmula Un de Nova Zelandia, Campión do Mundo co equipo Brabham en .

Entre o seu debut en Mónaco en 1965 e a súa última carreira no Gran Premio dos Estados Unidos de 1974, comezou 112 Grandes Premios, logrando oito vitorias e 33 podios. Tamén terminou terceiro na posición xeral en e .

Hulme demostrou versatilidade dominando a Canadian-American Challenge Cup (Can-Am) no Grupo 7 sports cars. Como membro do equipo McLaren que gañou cinco títulos consecutivos entre 1967 e 1971, gañou o campionato individual de pilotos dúas veces e foi subcampión noutras catro ocasións.

Logo da súa estancia na Fórmula Un con Brabham, Hulme correu para McLaren en varios formatos -Fórmula 1, Can-Am, e nas 500 Millas de Indianápolis. Hulme retirouse da Fórmula Un ao final da tempada de , pero continuou correndo nas Australian Touring Cars.

Hulme foi alcumado 'The Bear' ("o oso"), debido á súa "natureza agresiva" e "rasgos duros". Con todo, tamén era "sensible (...) incapaz de expresar os seus sentimentos, agás nun coche de competición."

Durante a súa carreira, Hulme pilotou os coches máis potentes da súa época. Correu en F1, F2, Indycars, Berlinas/Turismos, CanAm e carreiras de resistencia, todo durante a mesma tempada. Logo de retirarse da F1, ata pilotou en carreiras de camións.

Hulme morreu dun ataque ao corazón mentres conducía un BMW M3 durante a Bathurst 1000 en Australia, converteuse no sétimo excampión da Fórmula Un en morrer, e o primeiro en morrer dee causas naturais (logo de tres accidentes nas carreiras, dous accidentes na vía pública e un accidente cunha aeronave).

Inicios da carreira profesional Naceu e criouse nunha granxa de tabaco pertencente aos seus pais en Motueka na Illa Sur de Nova Zelandia. O seu pai Clive Hulme foi galardoado coa Cruz da Vitoria, polos seus méritos na batalla de Creta en 1941.

Denny Hulme deixou a escola e púxose a traballar nun garaxe. Gañou o diñeiro suficiente para comprar un MG TF, para entrar rapidamente nas carreiras de montaña. Logo dun impresionante progreso comprou un Cooper-Climax, para posteriormente, ser elixido como piloto de Nova Zelandia para Europa. Unha vez alí, traballou como mecánico no garaxe de Jack Brabham en Chessington e empezou a achandar o seu camiño no seu camiño do automobilismo.

En 1961 presentouse en Le Mans co equipo Abarth, antes Ken Tyrrell invitara ao neozelandés para competir no seu equipo de Fórmula 2. Logo de varias actuacións impresionantes, o seu antigo xefe Jack Brabham, chamou a Hulme para unirse ao equipo de F2 da lenda australiana. A parella dominou o campionato dese ano, acadando un dobrete no Campionato de Europa.

Carreira na Fórmula Un 1965-1966 Logo de facer numerosas aparicións en carreiras no validas para o campionato con Brabham, finalmente Denny recibiu a chamada que esperaba, facendo o seu debut no Campionato Mundial en 1965 en Mónaco. Máis tarde ese ano, gañou os seus primeiros puntos, pola cuarta posición no inmenso Circuíto de Charade en Francia.

1966 foi a primeira tempada completa Hulme na Fórmula Un. Logo da saída de Dan Gurney, converteuse no número dous de Brabham detrás do mesmisimo Jack Brabham. Acabando cuarto ese ano. Un terceiro lugar en Reims en Francia, un segundo por detrás de Brabham en Brands Hatch, e a volta máis rápida en Zandvoort, antes de que os problemas de acendido o fixeran abandonar a carreira.

1967 O Campionato de 1967 foi esencialmente un asunto interno a maior parte do ano para o equipo Brabham, aínda que o novo Lotus 49 deu Jim Clark e Graham Hill a oportunidade de volver a gañar. Con todo, dúas vitorias nas 11 carreiras do Campionato, en Monte Carlo e Nürburgring (o "Inferno Verde"), e unha serie de podios, deron vantaxe a Hulme. Gañou o campionato por cinco puntos a Brabham, e outros cinco a Jim Clark. Hulme foi o primeiro (e ata a data, o único) Campión do Mundo de Fórmula Un de Nova Zelandia.

1968-1974 left|thumb | USGP 1968 en Watkins Glen Foto por Bob Sanderson.

En 1968 fichou polo equipo McLaren, propiedade do seu compatriota Bruce McLaren. A carreira de Suráfrica, que se celebrou no lendario circuíto de Kyalami, foi difícil para o equipo. A pesar de ter que usar os vellos motores BRM V12 nun vello chasis M5A, Denny acadou o quinto posto.

Na carreira española no Jarama, Hulme rematou segundo, e acadou dúas vitorias máis ese ano en Monza e no Canadá, deixándoo cunha remota posibilidade de reter a coroa do Campionato contra Graham Hill e o mozo Jackie Stewart.

A carreira de Cidade de México, determinou o campión dese ano, pero por desgraza para Denny un fallo na suspensión do seu McLaren fíxoo abandonar.

1969 foi un desastre para Hulme: a versión revisada do chasis M7A tivo problemas de fiabilidade, e Hulme só logrou 20 puntos, logrando unha vitoria, ironicamente, á luz dos acontecementos da tempada anterior, na carreira final en México. Hulme terminou a tempada en sexta posición na clasificación de pilotos.

1970 trouxo unha nova década, pero a sorte de Hulme non cambiou. O xefe do equipo e grande amigo Bruce McLaren morreu, mentres probaba o McLaren M8D para a CanAm, o que afectou a Denny. Tivo outro problema ese mesmo ano, cando sufriu queimaduras nas mans cun lume de metanol durante a práctica das 500 millas de Indianápolis. Como resultado, perdeuse o Gran Premio dos Países Baixos en 1970. Sen inmutarse, logrou un cuarto lugar no campionato con 27 puntos.

En 1971 o equipo McLaren estaban en desorde. Hulme acadou as volta rápida no Canadá e os Estados Unidos ese ano, pero os resultados eran difíciles de conseguir. Denny terminou noveno na clasificación de 1971.

En 1972 xunto co seu bo amigo Peter Revson, Denny volveu á senda do triunfo logrando a vitoria en Suráfrica, e uns poucos podios noutras carreiras, terminando en 1972 no terceiro lugar con 39 puntos.

Sorprendentemente, Hulme só anotou unha pole position na súa carreira na F1, en 1973 en Kyalami. Con todo, Hulme foi eclipsado polo seu amigo e compañeiro de equipo Peter Revson en 1973, e terminou sexto a 12 puntos do seu compañeiro.

El e Revson construíron unha grande amizade e camaradería na F1 e tamén competiron xuntos na serie Can-Am. Cando Revson deixou McLaren a finais de 1973 para unirse á Shadow, Hulme quedou decepcionado.

Logo do Gran Premio do Brasil no que Denny finalizou en duodécima posición, comezaron as probas en Kyalami. Revson perdeu o control do seu coche, batendo de fronte contra as barreiras. Hulme tratou en balde de salvar a vida do seu amigo, pero foi en balde. Despois do accidente Hulme anunciou a súa despedida. Con todo, á parte de gañar a carreira arxentina e quedar segundo en Austria, non fixo unha gran tempada, e retirouse dignamente ao final do ano.

Rexistro de carreiras Traxectoria profesional Tempada Series Pos. Coche Equipo 1960 Campionato A.N.P.E.C./Auto Italiana d’Europe 3º Envoy-FordCooper-BMC T52 Envoy Racing TeamNew Zealand International Grand Prix Team Formula 2 Drivers & Constructors Championship NC Cooper-Ford T45 New Zealand International Grand Prix Team B.R.S.C.C. John Davy Championship NC Cooper-BMC T52 Ken Tyrrell 1961 New Zealand Gold Star Championship 1º Cooper-Climax T51 Yeoman Credit Team 1962 John Davy Championship 2º Cooper-Ford T56Brabham-Ford BT2 New Zealand Grand Prix Racing TeamBrabham Racing B.A.R.C. Championship NC Cooper-Ford T56 New Zealand Grand Prix Racing Team B.R.S.C.C. Championship NC Cooper-Ford T56Brabham-Ford BT2 New Zealand Grand Prix Racing TeamBrabham Racing 1963 B.A.R.C. Express & Star British Championship 2º Brabham-Ford BT6 Brabham Racing Organisation Championnat de France NC Brabham-Ford BT6 Brabham Racing Organisation European Touring Car Challenge NC Jaguar 3.8 Mk II Tommy Atkins British Saloon Car Championship NC Ford Galaxie Alan Brown Racing Ltd 1964 Grote Prijs van Limborg 1º Brabham-Cosworth BT10 Brabham Racing Developments FFSA Trophées de France 2º Brabham-Cosworth BT10 Brabham Racing Organisation Tasman Cup Series 3º Brabham-Climax BT4 Brabham Racing OrganisationEcurie Vitesse Autocar British Formula Two Championship 4º Brabham-Cosworth BT10 Brabham Racing Developments Australian Formula One Championship NC Brabham-Climax BT4 Ecurie Vitesse European Touring Car Challenge NC Ford Galaxie Alan Brown Racing Ltd British Saloon Car Championship NC Ford GalaxieAustin Mini Cooper S Alan Brown Racing LtdDon Moore Deutsche Rundstrecken-Meisterschaft für Grand-Tourisme-Wagen 13º Honda S600 Jack Brabham 1965 Spring Trophy 1º Brabham-Cosworth BT16 Brabham Racing Developments Trophées de France 8º Brabham-Cosworth BT16 Brabham Racing Organisation Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA 11º Brabham-Climax BT7Brabham-Climax BT11 Brabham Racing Organisation British Sports Car Championship NC Brabham-Climax BT8 Sidney Taylor Racing 1966 Trophées de France 2º Brabham-Honda BT18 Brabham Racing Organisation Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA 4º Brabham-Climax BT22Brabham-Repco BT20 Brabham Racing Organisation Canadian-American Challenge Cup NC Lola-Chevrolet T70 Sidney Taylor Racing British Sports Car Championship NC Lola-Chevrolet T70 Sidney Taylor Racing 1967 Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA 1º Brabham-Repco BT20Brabham-Repco BT19Brabham-Repco BT24 Brabham Racing Organisation Canadian-American Challenge Cup 2º McLaren-Chevrolet M6A Bruce McLaren Motor Racing Spring Cup 2º Brabham-Repco BT20 Brabham Racing Organisation Tasman Cup Series 8º Brabham-Climax BT22Brabham-Climax BT7A Brabham Racing Organisation USAC National Championship 13º Eagle-Ford 67 Yunick British Sports Car Championship NC Ford GT40 Sidney Taylor Racing 1968 Canadian-American Challenge Cup 1º McLaren-Chevrolet M8A Bruce McLaren Motor Racing BRDC International Trophy 1º McLaren-Cosworth M7A Bruce McLaren Motor Racing Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA 3º McLaren-BRM M5AMcLaren-Cosworth M7A Bruce McLaren Motor Racing Tasman Cup Series 7º Brabham-Ford BT23 Racing Team S.A. USAC National Championship 24º Eagle-Ford 68 All American Racers British Sports Car Championship NC Lola-Chevrolet T70 Mk.3 GT Sidney Taylor Racing 1969 Canadian-American Challenge Cup 2º McLaren-Chevrolet M8B McLaren Cars Ltd Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA 6º McLaren-Cosworth M7A Bruce McLaren Motor Racing USAC National Championship NC Eagle-Ford 69 Olsonite RAC British Sports Car Championship NC Lola-Chevrolet T70 Mk.3B GT Sidney Taylor Racing 1970 Canadian-American Challenge Cup 1º McLaren-Chevrolet M8D Bruce McLaren Motor Racing Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA 4º McLaren-Cosworth M14A Bruce McLaren Motor Racing USAC National Championship NC McLaren-Offenhauser M15 McLaren Cars 1971 Canadian-American Challenge Cup|style="background:#dfdfdf;"| 2º | McLaren-Chevrolet M8F | McLaren Cars

| Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA | 13º | McLaren-Cosworth M19A | Bruce McLaren Motor Racing

| USAC National Championship | NC | McLaren-Offenhauser M16A | McLaren Cars |- | 1972 | International Gold Cup |style="background:#ffffbf;"| 1º| McLaren-Cosworth M19A | Yardley Team McLaren