300px|miniatura|Representación dunha bacteria. O número 6 sinala un mesosoma, pero este non aparecería realmente na célula viva, xa que son un artefacto creado polas técnicas de preparación da mostra para a microscopía. miniatura|dereita|250px|Formación de mesosomas en bacterias preparadas para o microscopía electrónica con fixación química. Non se forman con fixación para criofractura.
Un mesosomaNon confundir o termo mesosoma usado en Bacterioloxía co termo homónimo usado en Zooloxía. é un pregamento interno da membrana plasmática bacteriana orixinado como un artefacto creado como resultado da aplicación das técnicas de fixación utilizadas na preparación de mostras en microscopía electrónica. Aínda que na década de 1960 se propuxeron varias funcións para estas estruturas, que se consideraban naturais, a finais da década de 1970 os mesosomas foron recoñecidos como artefactos, e actualmente non son considerados como parte da estrutura normal das células bacterianas vivas.
Hipóteses iniciais Estas estruturas son invaxinacións da membrana plasmática observadas nas bacterias grampositivas que foron fixadas quimicamente coa fin de preparalas para a microscopía electrónica. Os mesosomas foron observados por primeira vez en 1953 por George B. Chapman e James Hillier, que os denominaron órganos periféricos, e J.D. Robertson denominounos "mesosomas" en 1959.
Ao primeiro, pensábase que os mesosomas poderían desempeñar un papel en varios procesos celulares, como a formación da parede celular durante a división celular, a replicación de cromosomas, ou como lugar da fosforilación oxidativa.
Refutación da hipótese do mesosoma
Estes modelos revisáronse a finais da década de 1970 cando os datos acumulados suxerían que os mesosomas eran artefactos debidos a danos na membrana durante o proceso de fixación química, e non están presentes nas células que non foron fixadas quimicamente. A mediados da década 1980, cos avances en crioxenia, e en xeral, a substitución dos métodos de microscopía electrónica, chegouse á conclusión de que os mesosomas non existen nas células vivas. Non obstante, algúns investigadores seguen argumentando que as probas non son concluíntes e que, polo menos en certos casos, os mesosomas poderían non ser artefactos.John F. Stolz (1991) "Structure of Phototrophic Prokaryotes" CRC Press ISBN 0-8493-4814-5
Recentemente, observáronse pregamentos de membrana similares nas bacterias que estiveran expostas a algunhas clases de antibióticos e péptidos antibacterianos (defensinas). A aparición destas estruturas similares a mesosomas poden ser o resultado de danos na membrana plasmática ou na parede celular producidas por estas substancias químicas.
A historia da proposta e a posterior refutación da hipótese dos mesosomas é interesante desde o punto de vista da filosofía da ciencia como exemplo de como unha idea científica pode ser aceptada e despois rexeitada, e de como a comunidade científica leva a cabo este proceso de proba.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bacteria Orgánulos
Categoría:Orgánulos Categoría:Bacterias Categoría:Bioloxía celular