El Gallego, de César Cisneros, foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1879 e 1889.

Historia e características Subtitulado Periódico semanal: Órgano de los intereses de su nombre, apareceu o 27 de abril de 1879. César Cisneros, o seu fundador e primeiro director, promoveu desde esta publicación a fundación do Centro Gallego de Buenos Aires. Incluía novas relacionadas co Centro Gallego e as súas actividades, con Galiza e a comunidade galega na Arxentina. Editou por entregas a Historia de Galicia de Manuel Murguía. Cesou a súa publicación en 1889. Foi continuado por El Noticiero Gallego.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas Repertorio da prensa da emigración galega Fondos documentais. Consello da Cultura Galega.

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires