Manoj Nelliyattu Shyamalan nado en Pondicherry o 6 de agosto de 1970, máis coñecido como M. Night Shyamalan, é un director de cine e guionista indio nacionalizado estadounidense, nomeado ós premios Oscar.
Filmografía miniatura|M. Night Shyamalan e Bryce Dallas Howard no Festival de Cine de Donostia, 2006. Ano Filme Director Produtor Guionista Actor Papel1992Praying with AngerSiNonSiSiDev Raman1998Wide AwakeSiNonSiNon1999O sexto sentidoSiNonSiSiDoutor HillStuart LittleNonNonSiNon2000UnbreakableSiSiSiSiVendedor de droga do estadio2001The Last CastleNonSiNonNonJoey2002SignsSiSiSiSiRay Reddy2004The VillageSiSiSiSiJay2006Lady in the WaterSiSiSiSiVick Ran/The Vessel2008The HappeningSiSiSiSiJoey (voz)2010The Last AirbenderSiSiSiSiDevilNonSiSiNon2013After EarthSiNonSiNon2015Wayward PinesSiSiNonNonThe VisitSiSiSiNon2016SplitSiSiSiSi
Premios Óscar Ano Categoría Filme Resultado1999Oscar ó mellor directorO sexto sentidoNomeado1999Oscar ó mellor guión orixinalO sexto sentidoNomeado
Cameos Shyamalan gosta de saír nos seus filmes interpretando algún personaxe secundario: N'O sexto sentido é o médico que atende ó cativo, que sospeita de posibles malos tratos por parte da súa nai. En Unbreakable aparece como un simple asistente no estadio onde traballa o personaxe de Bruce Willis, quen o cachea crendo que o protagonista trafica con drogas. En Signs escolle un personaxe máis importante no aspecto dramático, xa que é quen por accidente mata á muller do personaxe de Mel Gibson. En The Village é tamén un personaxe en certo xeito importante: é o garda do lugar onde están as menciñas que necesita Ivy Walker. N'A moza da auga sae caracterizado como un escritor novel que se atopa escribindo un libro que será moi influente para o futuro. En The Happening é Joey, o compañeiro de traballo que constantemente chama a Alma Moore.
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Directores de cinema da India Categoría:Nados en 1970 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Puducherry Categoría:Alumnos da Universidade de Nova York Categoría:Estadounidenses de ascendencia india