miniatura|Adolfo Muíños na XV Asemblea Nacional do BNG na Coruña no 2016. Adolfo Francisco Muíños Sánchez, nado en Santiago de Compostela en 1966, é un político galego do BNG.
Traxectoria Diplomado en Maxisterio e licenciado en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1995 foi educador do Concello de Santiago e despois director de Actividades de Tempo Libre. É membro activo de diferentes colectivos culturais como a Asociación Cultural Barbantia e a asociación de música e baile tradicional Vai de Roda de Rianxo, localidade na que se instalou coa súa familia a finais dos anos 90.
Anteriormente militante do PSG-EG, incorporouse nos anos 90 ao BNG, sendo responsable local en Rianxo a partir de 2003. Foi elixido concelleiro na localidade tralas municipais de 2007, como número 2 da candidatura.
Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do BNG e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co PSdeG-PSOE, o cal encabezaba Carlos Gey Hermo. Nese mandato foi deputado provincial a partir de dende xuño de 2012, trala renuncia dun compañeiro. Nas municipais de 2015 logrou sela forza máis votada, revalidando a alcaldía co apoio do PSdeG na investidura, aínda que finalmente gobernou en minoría tras non chegar a un acordo de goberno cos socialistas. Nas municipais de 2019 foi novamente a forza máis votada e revalidou novamente a alcaldía co apoio do PSdeG-PSOE de Carmen Figueira Ares, co cal nesta ocasión si logrou establecer un pacto de goberno. En novembro de 2022 anunciou que non se presentaría á reelección nas eleccións municipais de 2023, cedéndolle o liderado do BNG a Xusto Xosé Ordóñez, abandonando a alcaldía ao final do mandato en xuño de 2023.
Tras deixa-la alcaldía reincorporouse á súa praza de funcionario en Santiago de Compostela. Porén, en novembro de 2023 foi nomeado director de área polo goberno local do BNG desta cidade.
Vida persoal Está casado e ten dous fillos. É irmán de Gonzalo Muíños, dirixente e concelleiro do PSdeG-PSOE en Santiago de Compostela.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Rianxo
Categoría:Alcaldes de Rianxo Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1966 Categoría:Políticos do BNG Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Rianxo