Marcus Chong, nado o 8 de xullo de 1967 como Marcus Wyatt, é un actor estadounidense famoso polo seu papel como "Tank" no filme de ciencia ficción Matrix.

Traxectoria O pai biolóxico de Marcus Chong, Martin Wyatt, fora un reporteiro local na área da Baía de San Francisco por moitos anos. Chong foi entón adoptado e criado polo actor e comediante canadense Tommy Chong e criado como un medio-irmán coa actriz Rae Dawn Chong.

O seu comezo como actor foi na serie televisiva Roots: The Next Generations como Frankie Warner. Logo foi a Broadway en "Stand-Up Tragedy" con Jack Coleman.

A comezos de 1990 interpretou o protagonista "Miguel Mendez" na serie de televisión Street Justice. Máis tarde, apareceu na serie Vanishing Son como Fu Mer Johnson e tamén tivo unha personaxe birracial de ascendencia americana / chinesa africana na terceira tempada da serie de televisión Law & Order: Special Victims Unit.

Marcus Chong interpretou a "Tank" Matrix e tamén protagonizou o filme Panther como Huey P. Newton en 1995.

Recentemente completou a súa primeira novela titulada "The Arch" (www.thearchnovel.com) con base na súa experiencia con Matrix e un dos seus heroes, Alexandre Dumas.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmreference.com

Notas

Categoría:Actores de Washington Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Seattle, Washington