Paul Goddard, nado en Reading, Berkshire, é un actor inglés residente dende hai tempo en Australia.

Traxectoria Os papeis polos que obtivo maior recoñecemento foron como axente Brown no filme de Matrix e como Stark na serie de televisión de ciencia ficción Farscape. Tamén apareceu noutros filmes como Babe e Mighty Morphin Power Rangers: The Movie, así como nas series de televisión The Lost World e All Saints. Traballou como profesor de modelos no programa de telerealidade australiano Australia's Next Top Model.

Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Actores de televisión de Australia Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Nados en Reading