O Andorra Club de Fútbol é un club de fútbol español de Andorra, na provincia de Teruel. Foi fundado en 1957 e actualmente compite na Rexional Preferente de Aragón (Grupo III). Por motivos de patrocinio foi coñecido como Endesa Andorra.
Historia En 1981 eliminou o Real Zaragoza da Copa do Rei cando este era líder da Primeira División Española.
En 2007 o club celebrou o seu 50 aniversario.
En 2011 conseguiu o ascenso a Segunda B gañando ao Noja. O heroe da eliminatoria foi o ex xogador do Real Zaragoza Goran Drulic que meteu os dous goles que lle deron ao Andorra o ascenso. Na seguinte tempada volve descender a Terceira.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias brancas. Uniforme reserva: Camiseta negra cunha franxa branca, pantalón e medias laranxas.
Estadio
O estadio do Andorra CF foi inaugurado en 1957 e recibe o seu nome de Juan Antonio Endeiza, quen fóra presidente da entidade nos anos 1960. Ten unha capacidade para 3.000 espectadores.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 14 Tempadas en 3ª: 38 (Incluída a 2012/13) Mellor posto na liga: 4º (Segunda división B española tempadas 84-85 e 87-88)
Palmarés Terceira División Española (7): 1963-64, 1964-65, 1986-87, 1991-92, 1994-95, 1998-99, 2010-11
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial Web do Andorra en Futbolme.com
Andorra