miniatura|200px|dereita|Retrato de Arthur Cravan, por Jean-Paul-Louis Lespoir. Fabien Avenarius Lloyd, nado en Lausana o 22 de maio de 1887 e finado no golfo de México en 1918, máis coñecido co pseudónimo de Arthur Cravan, foi un boxeador e escritor francés.
Traxectoria Era fillo de Otho Holland Lloyd, que á súa vez era cuñado de Oscar Wilde, tras casar este en 1884 con Constance Mary Lloyd.
Entre 1912 e 1915 editou e redactou en París a revista Maintenant, da que saíron cinco números. A publicación prefigurou a aparición inminente do movemento vangardista do dadaísmo. Nela había oco para a crítica literaria e artística, xunto a excentricidades e provocacións de todo tipo. Así, nunha ocasión anunciou que se suicidaría en público, o que concentrou a numerosos curiosos, aos que, despois de acusalos de voyeuristas, deu unha conferencia detallada sobre a entropía. Había tamén críticas que caían na descualificación, como á pintora Marie Laurencin, parella de Guillaume Apollinaire.
En 1915, fuxindo da primeira guerra mundial, abandonou Francia e refuxiouse en Barcelona, onde volveu exercer de boxeador e montou unha academia. Organizou un combate con Jack Johnson, campión do mundo naquel momento, que o deixou KO no sexto asalto. Se ben Johnson levou o peso do combate desde o comezo, aguantou até o sexto asalto para tombar o poeta porque asinara un contrato para a filmación do combate, estipulando unha duración mínima.
Despois Cravan embarcouse cara a Nova York, onde coñeceu a personalidades como a poeta Mina Loy, coa que tivo unha intensa relación. Ela comezou a novela Colossus tomándoo como modelo, pero deixouna inacabada.
Arthur Cravan desapareceu en 1918André Breton do que foi en 1920 no seu libro Anthologie de l'humour noir. no golfo de México, durante unha travesía polo océano Atlántico, pero o seu corpo nunca foi encontrado.
Obra Oeuvres (éditions Gérard Lebovici, 1987). J'étais cigare: Maintenant con Fragments e unha carta. Eric Losfeld, París, 1971 Revista Maintenant: números 1 (abril 1912), 2 (xullo 1913), 3 ("Oscar Wilde est vivant!", outubro-novembro 1913), 4 ("L'Exposition des Indépendants", marzo-abril 1914) e 5 ("Poète et boxeur ou l'Âme au vingtième siècle", marzo-abril 1915).
Notas
Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Boxeadores de Francia Categoría:Nados en Lausana Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Boxeadores de Suíza