Darren Michael Collison, nado o 23 de agosto de 1987 en Rancho Cucamonga (California), é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou dez tempadas na National Basketball Association (NBA). Xogou anteriormente na universidade para os UCLA Bruins.
Traxectoria Collison declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009 e foi seleccionado na 21ª posición polos New Orleans Hornets. Con Chris Paul fóra durante dous meses en dous momentos na tempada 2009-10 diferentes, Collison se converteu no base titular. O 30 de xaneiro de 2010, Collison conseguiu 18 asistencias, o récord dun xogador coma rookie nos Hornets, ademais de 17 puntos na vitoria contra os Memphis Grizzlies, que remataba a xeira de 11 vitorias consecutivas de Memphis na súa casa, por 113-111 na prórroga. O 8 de marzo de 2010, Collison superou a súa propia marca con 20 asistencias, xunto con 16 puntos, na vitoria por 135-131 contra os Golden State Warriors. Nun partido contra os Indiana Pacers, o 19 de febreiro de 2010, Collison converteuse no segundo rookie da tempada en conseguir un triplo-dobre, con 18 puntos, 13 rebotes e 12 asistencias. Rematou 4º na votación do Rookie do Ano da NBA, e acadou 18.8 puntos e 9.1 asistencias.
O 11 de agosto de 2010, os Hornets traspasaron a Collison e a James Posey aos Indiana Pacers nun traspaso entre catro equipos, no que se viron involucrados cinco xogadores. O 12 de xullo de 2012, Collison e Dahntay Jones foron traspasados ós Dallas Mavericks a cambio de Ian Mahinmi.It's Official: Pacers Trade Mahinmi for Collison, Jones Collison converteuse no base titular de Dallas tras a marcha de Jason Kidd coma axente libre. O 10 de xullo de 2013, Collison asinou cos Los Angeles Clippers. O 12 de xullo de 2014, Collison asinou cos Sacramento Kings.
O 28 de xuño de 2019, anunciou a súa retirada da NBA.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados no condado de San Bernardino Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings