Marqus Austin Blakely, nado o 22 de outubro de 1988 en Metuchen, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional A pesar de non ser elixido no Draft da NBA de 2010, Blakely foi á Summer League da NBA cos Los Angeles Clippers e máis tarde asinou un contrato por dous anos, cun valor de 473.604 dólares por ano. Foi despedido polos Clippers o 25 de outubro de 2010 ao remate do Training Camp. Foi adquirido polos Bakersfield Jam da NBA Development League no Draft da NBA-D League na 12ª posición.

Blakely foi adquirido polos Iowa Energy a cambio dunha elección da primeira rolda.

O 12 de abril de 2011, Blakely asinou un contrato por varios anos cos Houston Rockets.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en Yahoo! Sports Perfil en ESPN.com

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no condado de Middlesex, Nova Jersey