Chiang Mai (en tai: ) é unha provincia (changwat) do Norte da Tailandia, a segunda provincia máis grande. A súa capital é a cidade de Chiang Mai.

As provincias tailandesas coas que limita son, empezando polo nordeste e seguindo o sentido das agullas do reloxo: Chiang Rai, Lampang, Lamphun, Tak, e Mae Hong Son. Polo norte limita con Shan, de Birmania.

Xeografía Chiang Mai atópase a uns 700 km de Bangkok, situada na cunca do río Mae Ping e a uns 300 msnm. Rodeada de cadeas montañosas, cobre unha área de aproximadamente 20.107 km². Está cuberta de montañas, principalmente seguindo a dirección sur a norte. O río Ping, un dos maiores tributarios do río Chao Phraya, nace nos Montes Chiang Dao. A montaña máis alta de Tailandia, o Doi Inthanon, de 2.565 metros de alto, áchase na provincia. Na provincia tamén se poden atopar varios parques nacionais: Doi Inthanon, Doi Suthep-Pui, Mae Ping, Sri Lanna, Huay Nam Dang, Mae Phang, Chiang Dao.

O terreo montañoso é principalmente xungla, que está chea de flora e fauna salvaxes, como tamén de tribos propios do lugar.

Historia miniatura|300px|esquerda|Pratat Doi Suthep, un temple en Chiang Mai A cidade de Chiang Mai foi capital do Reino Lanna tras o seu nacemento en 1296, contemporáneo ao establecemento do Reino Sukhothai. Desde aquelas, Chiang Mai non só foi a capital do Reino Lanna, senón que era tamén centro cultural e do budismo da Tailandia Setentrional, construíndo o rei Meng Rai innumerables tempos.

En 1599 o reino perdía a súa independencia e pasou a formar parte do Reino Ayutthaya, finalizando a dinastía fundada polo Rei Meng Rai 300 anos antes. Os birmanos tiveron moita influencia na arquitectura do lugar, a cal aínda se pode apreciar actualmente. A finais do século XVIII os birmanos foron totalmente botados polo rei Taksin.

En 1932 a provincia Chiang Mai tornouse subdivisión de Tailandia cando se abandonou a unidade administrativa Monthon Phayap, que emulaba o Reino Lanna.

Demografía dereita|220px|miniatura|Tribe Girls O 13.4% da poboación pertence ás Xentes dos Outeiros (tribos dos altos) como son os hmong, yao, lahu, lisu, akha e karen.

Símbolos miniatura|Selo provincial O selo da provincia mostra un elefante branco sobre un pavillón de cristal. O elefante é un símbolo real de Tailandia, e represéntase como lembranza da ofrenda dun elefante branco do Rei Rama II ao gobernador de Chiang Mai. O pavillón simboliza a importancia do budismo na rexión, especialmente cando en 1477 as ensinanzas de Buda, o Tripitaka, foron revisadas.

A árbore e flor da provincia é a Butea monosperma. O lema da provincia é: Á sombra do monte Doi Suthep, bendito de arroz, costumes e tradicións, fermosas flores silvestres, magnífico Nakhon Phing'.

Distritos A provincia está subdividida en 22 distritos (amphoes) e 2 subdistritos (king amphoes). Os distritos e subdistritos son á súa vez divididos en 204 comunas (tambons) e estas en 1915 poboados (moobans). {| !|Amphoe!| !|King Amphoe''

| valign=top| Chiang Mai Chom Thong Mae Chaem Chiang Dao Doi Saket Mae Taeng Mae Rim Samoeng Fang Mae Ai Phrao | valign=top| <li>San Pa Tong <li>San Kamphaeng <li>San Sai <li>Hang Dong <li>Hot <li>Doi Tao <li>Omkoi <li>Saraphi <li>Wiang Haeng <li>Chai Prakan <li>Mae Wang | valign=top| <ol start=23> Mae On Doi Lo

esquerda|miniatura|250px|Distritos da provincia.

Chiang Mai