Spencer Treat Clark, nado en Nova York o 25 de setembro de 1987, é un actor estadounidense que apareceu en numerosos filmes, entre os que se inclúen Gladiator, Mystic River e Unbreakable.
Traxectoria Foi educado en Darien, Connecticut, na escola elemental Hindley ata que asistiu e se graduou en The Taft School en Watertown, Connecticut. É o irmán da tamén actriz Eliza Clark. Clark formouse na Universidade de Columbia en Nova York e no presente vive nos Ánxeles.
Comezou a súa carreira como actor en 1995 aparecendo na serie de televisión Another World. O seu debut no cinema foi en Arlington Road interpretando a Grant Faraday. Como curiosidade, leva un diario para cada filme no que actúa.
Filmes Ano Filme Personaxe Notas 2011 Riding the Pine Pete Lawless Nate Towne 2010 Camp Hope Timothy Jolly Bankers Conrad 2009 The Last House on the Left Justin 2007 Superheroes Nick Jones The Babysitters Scott Miral 2005 Loverboy Paul (aos 16) 2003 Mystic River Ray Harris 2000 Unbreakable Joseph Dunn Gladiator Lucius Verus 1999 Double Jeopardy Matty (aos 11) Arlington Road Grant Faraday 1996 Christmas in Cartoontown Voz 1995 It Was Him or Us Jesse Pomeroy (para TV) Long Island Fever Tom McCarty (para TV) Series Ano Título Papel Episodios 2009 The Good Wife Kenny Chatham 1 episodio 2004 Law & Order: Special Victims Unit Brian Coyle 1 episodio 1999 Third Watch Kyle 1 episodio 1999 / 1995 Another World Steven Michael Frame 3 episodios
Premios e nomeamentos Premios Ano Resultado Premio Categoría Filme 2001 Nomeado Blockbuster Entertainment Awards Actor secundario - Favorito Suspense Unbreakable Nomeado Young Artist Awards Mellor Actuación en Filme - Actor Xove Gladiator 1997 Nomeado Young Artist Awards Mellor Actuación Dramática - Actor Xove Another World 1996 Nomeado Young Artist Awards Mellor Actuación de Actor Ata 10 Anos - Televisión Another World
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Nova York