A fucoxantina (/ks/) é unha xantofila ou pigmento carotenoide amarelo, cuxa fórmula é C42H58O6. Atópase como pigmento accesorio nos cloroplastos das algas pardas e da maioría dos restantes heterocontas, dándolles a súa cor castaña ou verde oliveira. A fucoxantina absorbe a luz principalmente na parte do espectro visible que vai do azul-verde ao amarelo-verde, tendo un pico arredor dos 510-525 nm e absorbendo significativamente no rango dos 450 a 540 nm.
Algúns estudos metabólicos e nutricionais levados a cabo en ratas e ratos na Universidade de Hokkaido indican que a fucoxantina promove a queima de graxa dentro das células do tecido adiposo, polo incremento da expresión da proteína de desacoplamento UCP1 ou termoxenina.
Proponse polo tanto como produto contra a obesidadeMaeda H, Hosokawa M, Sashima T,and Miyashita K. 2007. A combinación dietética de Fucoxantina e aceite de peixe atenúa o aumento de peso de tecido adiposo branco e decrementa a glucosa no sangue en Obesos/Diabéticos KK-Ay Mice J. Agric. Food Chem., 55, 7701–7706. Hai asemade un estudo publicado con fucoxantina sobre humanos, con método dobre-cego e placebo controlado.
Non é un estimulante, ao contrario doutros compostos ás veces propostos contra a obesidade, como a efedrina ou a ioimbina
Tamén se propón como indutor da apoptose (morte celular) na loita contra o cancroKotake-Nara E, Asai A, and Nagao A. 2005. Neoxantina e fucoxantina inducen apoptose en células canceríxenas PC-3 de próstata humana. Cancer Letters, 220, 75-84 por acción prooxidanteOs carotenoides afectan a proliferación de células canceríxenas de próstata humana.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Compostos químicos Categoría:Tetraterpenos Categoría:Carotenoides Categoría:Bioquímica