A Asociación de Amigos da Unión Soviética (AUS) foi creada por un grupo de intelectuais españois o 11 de febreiro de 1933 como base para o coñecemento e os contactos recíprocos. Para os seus fundadores a asociación tiña por obxecto tanto garantir a veracidade dos relatos sobre a realidade da Unión Soviética como dar a coñecer as conquistas e os problemas do socialismo no devandito territorio, nuns tempos en que a dereita reflectía a existencia da URSS en ton condenatorio.Para o estudo da Asociación de Amigos da Unión Soviética cóntase cun fondo documental baixo a epígrafe AUS no Arquivo Histórico Nacional, sección Guerra Civil de Salamanca. Esta documentación queda completada coa existencia de fontes que se achan no antigo Instituto de Estudos marxistas-leninistas, posteriormente coñecido como Centro Ruso de Conservación e Estudo da Documentación de Historia Contemporánea.Antonio San Román Sevilano: "Antonio Machado y los Amigos de la Unión Soviética", Historia 16 nº 195 (1992), páx 32 e 33 ..
Creación A súa creación foi posible grazas tanto á existencia de elementos proclives á súa aparición como foron a Terceira Internacional, defensora da Revolución Rusa de 1917, a cuxa convocatoria acoden sectores revolucionarios do Partido Socialista Obrero Español que en 1921 formarían o Partido Comunista de España, como á receptividade social entre obreiros e intelectuais ante os logros da Unión Soviética.
Como punto de partida están as Asociacións de Amizade coa Unión Soviética creadas con motivo das celebracións do X aniversario da Unión Soviética entre os días 9 e 13 de novembro no Congreso Mundial de Amigos da Unión Soviética, coa finalidade de estudar e propagar realidades da construción socialista e desfacer falsidades e calumnias.Garrido Caballero, María Magdalena: Las relaciones entre España y la Unión Soviética a través de las Asociaciones de Amistad en el siglo XX Universidade de Murcia, 2006 (data de acceso 28 de abril de 2010). Así sentenciaba Antonio Machado:Arquivo da Guerra Civil de Salamanca (AGC). Fondo Político Social, Barcelona, 87, Cartapacio 124.
Debido a trabas administrativas non foi posible a súa creación durante a Ditadura de Primo de Rivera.
Texto fundacional A Asociación pretendía canalizar un amplo movemento de opinión, precisando a adhesión de representantes de todas as clases sociais e de todas as tendencias políticas, para deste xeito plasmar o anhelo de miles e miles de españois de españois que non poden considerar allea ás súas preocupacións humanas á loita pola sociedade nova que cento cincuenta millóns de homes están a librar no país dos Soviets.
FundadoresTexto Fundacional (acceso 1 de abril de 2010). Aníbal Álvarez Bonquel, arquitecto. Joaquín Arderíus, escritor, durante a guerra civil española, foi presidente do Socorro Rojo. Luis Bagaría, debuxante e un dos principais caricaturistas españois da primeira metade do século XX. J. Bahamonte, arquitecto. Enrique Balenchana, enxeñeiro. Augusto Barcia Trelles, avogado, Gran Mestre do Gran Oriente de España. Pío Baroja, novelista. Ricardo Baroja, pintor. Jacinto Benavente, escritor, Premio Nobel de Literatura en 1922. Luis Blanco Soler, arquitecto. Luis Calandre, médico. José Capuz, escultor. Rodrigo Soriano, político e escritor. Carolina Carabias, viúva de Ángel García Hernández. Fernando de Cárdenas, enxeñeiro. Cristóbal de Castro, escritor, a guerra civil española sorprendeuno en Madrid de onde tivo que fuxir, tras refuxiarse nunha embaixada. Fernando de Castro Rodríguez, médico. Pilar Coello. Isaac Costero, histólogo e catedrático, tivo que exiliarse a México. José Díaz Fernández, escritor e deputado do Partido Radical-Socialista. R. Díaz-Sara Solá, médico. José María Dorronsoro, enxeñeiro. Concha Espina, escritora. Santiago Esteban de la Mora, arquitecto. Federico García Lorca, escritor. Fernando García Mercadal, arquitecto. Ángel Garma, médico. Rafael Giménez-Siles, editor. Juan Cristóbal González Quesada, escultor. Félix Gordón Ordás, veterinario. Ricardo Gutiérrez Abascal, crítico de arte co pseudónimo de Juan de la Encina. T. Hernando, catedrático. Diego Hidalgo, notario e futuro Ministro da Guerra de España. Luis Jiménez de Asúa, catedrático. Luis Lacasa Navarro, arquitecto. Victorio Macho, escultor. José María López Mezquita, pintor. Manuel Machado, escritor. Gregorio Marañon, médico. María Martínez Sierra, publicista. Víctor Masriera. Juan Medinaveitia, médico. Carmen Monné de Baroja. C. Montanilla, enxeñeiro. Roberto Nóvoa Santos, médico. Tomás Pérez Rubio, pintor. Nicanor Piñole, pintor. Juan Planelles, médico. Pedro de Répide, escritor. Pío del Río-Hortega, histólogo. Wenceslao Roces, catedrático. Manuel Rodríguez Suárez, arquitecto. María Rodríguez, viúva de Fermín Galán. Cristóbal Ruiz Puído, escultor. Rafael Salazar Alonso, avogado. Luis Salinas, avogado. Regino Sainz de la Maza, músico. José Sánchez Covisa, catedrático. F. Sánchez Román, catedrático. Ramón J. Sender, xornalista. Luis de Tapia, escritor. Eduardo Ugarte, escritor. Ramón del Valle-Inclán, escritor. Adolfo Vázquez Humasqué, enxeñeiro. J. Vázquez López, médico. Agustín Vuñuales, catedrático. Javier Zorrilla, enxeñeiro. Secundino Zuazo, arquitecto. Julián Zugazagoitia, xornalista.
Notas
Categoría:Historia contemporánea de España Categoría:Cultura de España Categoría:Unión Soviética