Daniel W. Strong, nado o 6 de xuño de 1974 en Manhattan Beach, no condado dos Ánxeles (California), é un escritor e actor estadounidense de cinema e televisión.
Traxectoria É coñecido por interpretar Jonathan Levinson, na serie de televisión Buffy the Vampire Slayer e a Doyle McMasters, o mozo de Paris Geller en Gilmore Girls, pero tamén apareceu en filmes como Pleasantville, Dangerous Minds, na parodia Paréceme que sei o que berrastes o último venres 13 e máis recentemente en Sydney White. Tamén apareceu como invitado en series como Seinfeld, 3rd Rock from the Sun, Over the Top e How I Met Your Mother.
Filmografía 2011 : How I Met Your Mother : Trey Platt 2010 : Mad Men : Danny 2007 : Sydney White : Gurkin 2005-2007 : Gilmore Girls (tempadas 5 a 7) : Doyle 2003 : Dragnet (tempada 2, episodio 7) 2000 : Paréceme que sei o que berrastes o último venres 13 de John Blanchard : Boner 1998 : Pleasantville de Gary Ross 1998 : Perpetrators of the Crime, de John Hamilton : Phil 1998-2002 : Buffy the Vampire Slayer : Jonathan Levinson
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na IMDb Páxina Oficial
Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados no condado dos Ánxeles