O Polisportiva Dinamo, máis coñecido como Dinamo Sassari e por motivos de patrocinio chamado Banco di Sardegna Sassari, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Sassari, Sardeña. O Dinamo foi fundado en 1960 e, desde 2010, compite Serie A, máxima categoría do baloncesto transalpino. O seu maior éxito chegou no ano 2015 coa 2015 consecución do seu primeiro campionato de liga.
Historia O equipo foi fundado no ano 1960 por un grupo de estudantes da localidade, aínda que non foi até 1963 cando comezou a disputar competicións rexionais. En 1966 alcanza por fin a categoría nacional (Serie C) e en 1981 chega á Serie B. En 1989 accedeu á Serie A2, onde permaneceu até o ano 2000, cando volveu descender á Serie B. Na temporada regular 1994–95 da Serie A2 acadou o récord do club italiano que máis puntos anotou nun só partido sen prórrogas, ao vencer 158-91 ao Pallacanestro Pavia.
Tras tres anos na terceira categoría do baloncesto italiano, regresou á A2. Tras estar moi preto de conseguir o ascenso á Serie A na tempada 2008-09 na que caeu derrotado no play-off final ante Vanoli Soresina por 3-1, a temporada seguinte conseguiu obter unha praza para poder participar por primeira vez na súa historia na máxima categoría do baloncesto italiano de cara á tempada 2010/11. No 2014 logrou a Copa de Italia e a Supercopa de Italia, pasando a competir na Euroliga. Na tempada 2014-15 continúa a progresión ao consagrouse campión da Liga ademais de gañar a súa segunda Copa. Patrocinadores Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia: Banco di Sardegna Sassari (1992−2005) Banca Popolare Sassari (2005−2006) Banco di Sardegna Sassari (2006−2010) Dinamo Ford Sassari (2010−2011) Banco di Sardegna Sassari (2011−presente)
Xogadores Destacados
Herbert Baker Mauro Bonino Federico Casarin Christian Di Giuliomaria Lino Lardo Francesco Longobardi Tiziano Lorenzon Sergio Mastroianni Emanuele Rotondo Lobito Fernández Miro Bilan Sani Bečirovič Matthew Alosa Gerrod Abram Floyd Allen Scott Bamforth George Banks Ken Barlow Steve Burtt Dan Callahan Lionel Chalmers HL Coleman Dallas Comegys Damian Cantrell Eddie Elisma Tony Farmer Anthony Frederick Jonathan Haynes Ethan Happ Othello Hunter Darius Johnson-Odom Jarvis Lang Arthur Lee Gani Lawal Thalamus McGhee Kenny Miller Jason Parker Marshalle Phillips Eddie Shannon Tom Sheehey Irving Thomas Paul Thompson Jarvis Varnado David Young Guillame Yango Eimantas Bendžius Christian Eyenga Radisav Ćurčić
Palmarés FIBA Europe Cup Campións (1): 2019 Liga de Italia Campións (1): 2015 Subampións (1): 2019 Copa de Italia Campións (2): 2014, 2015 Subampións (1): 2017 Supercopa de Italia Campións (2): 2014, 2019
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Italia