28978 Ixion é un obxecto do cinto de Kuiper que foi descuberto o 22 de maio do ano 2001. Ixion é un plutino (un obxecto que está nunha resonancia orbital de 2:3 con Neptuno) e é un candidato a planeta anano; o seu diámetro foi estimado en 650 km polo Telescopio Espacial Spitzer que fai deste obxecto o quinto plutino en tamaño. Foi bautizado coma Ixión, un personaxe da mitoloxía grega. Ixion foi descuberto dende o Observatorio de Cerro Tololo. É moderadamente vermello visto baixo a luz visible e ten unha superficie que é unha mestura de tolinas e xeo de auga.

Características físicas esquerda|miniatura|175px|O diámetro de Ixion depende do albedo (a fracción de luz que reflicte). Exceptuando Plutón, Ixion foi o primeiro TNO descuberto que orixinalmente se lle estimase un tamaño maior có do asteroide Ceres, No 2002, un ano despois do seu descubrimento, aínda se seguía pensando que Ixion tiña máis de 1000 km de diámetro. As estimacións do 2002 estaban baseadas nunha detección errónea feita a 250 GHz que non puido ser confirmada en posteriores observacións. Estimacións máis recentes suxiren que Ixion ten un albedo alto e que é máis pequeno ca Ceres. Observacións de Ixion feitas polo Telescopio Espacial Spitzer na parte do espectro do infravermello profundo indican que o seu tamaño é duns 650 km.

Ixion e moderadamente vermello (un pisco máis cá 50000 Quaoar) baixo a luz visible. Tamén ten un albedo máis alto (>0.15) cós cubewanos vermellos de tamaño medio. Podería estar presente unha traza nunha lonxitude de onda de 0.8 μm no seu espectro, a cal normalmente é atribuída a unha alteración dos materiais da superficie por parte da auga. No infravermello próximo, o espectro de Ixion é plano e sen trazas distintivas. A banda de absorción do xeo de auga que está entre 1,5 e 2 μm é inexistente. Isto contrasta co espectro de Varuna, o cal ten trazas distintivas no infravermello próximo así coma unha prominentes bandas de absorción de auga. Tanto os estudos espectroscópicos da luz visible así coma da luz infravermella amosan que a superficie de Ixion é unha mestura de xeo de auga, carbono escuro e tolinas, as cales son copolímeros formados pola irradiación dos clatratos de auga e de compostos orgánicos. O Very Large Telescope (VLT) inspeccionou Ixion na procura de actividade cometaria, pero non detectou ningunha coma. Ixion actualmente atópase a unha distancia dunhas 41 UAs respecto do Sol, e é posible que Ixion poida desenvolver unha coma ou unha atmosfera temporal cando se aproxime ó seu perihelio.

Ocultación Ixion podería ocultar unha estrela relativamente brillante de magnitude aparente 11,5 na constelación de Ophiuchus o 19 de xullo do 2010. Este evento podería ser visible en Norte América. A RA e a DE para este evento está situado nunha rexión rica en estrelas, coa posición 16 54 25,8620 −24 24 22,856. A ocultación podería durar máis de 45 segundos, pero a ruta para a predita ocultación podería non pasar pola Terra. A detección dunha ocultación axudaría a precisar mellor o diámetro deste candidato a planeta anano.

Órbita e rotación esquerda|miniatura|300px|Este diagrama amosa as órbitas de Ixion (verde), Plutón (vermello) e Neptuno (gris). As posicións de Ixion e Plutón corresponden as abril do 2006.

Ixion e Plutón seguen órbitas semellantes pero con diferentes orientacións: o perihelio de Ixion está por debaixo da eclíptica e pola contra o de Plutón está por riba. O contrario do que é usual en obxectos en resonancia orbital con Neptuno (tales coma Orcus), Ixion aproximase bastante a Plutón, un pouco por debaixo do 20 graos de separación angular. Ixion está actualmente cruzando a eclíptica cara a abaixo e acadará o seu perihelio no ano 2070. Plutón pasou ó seu perihelio no ano 1989 e actualmente está descendendo cara a eclíptica. O período orbital de Ixion é de polo menos de 250 anos, só un 0,5% máis grande có de Plutón. Ixion demostrou ter cambios regulares no seu brillo, o cal pensase que é debido á súa rotación. Con todo isto e a altura do ano 2010, o período de rotación de Ixion aínda non puido ser precisado.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas AstDys orbital elements Orbital simulation from JPL (Java) / Ephemeris

Categoría:Candidatos a planeta anano Categoría:Plutinos