La Oliva é un municipio español pertencente á provincia das Palmas, nas Canarias. Está situado no norte da illa de Fuerteventura. La Oliva foi a capital da illa ata 1880.
Xeografía miniatura|250px|esquerda|Montaña de Tindaya. Neste municipio atópanse dous parques naturais, o Parque Natural de Corralejo, que inclúe as súas singulares dunas, e o Parque Natural do Illote de Lobos, que comprende a illa de Lobos en toda a súa extensión, que lle pertence administrativamente.
A Montaña de Tindaya, un dos principais xacementos de manifestacións rupestres da illa, era considerada máxica polos guanches.
A vexetación do municipio está caracterizada pola matogueira espinos (como a aulaga ou a matamoros).
Destacan as praias do Cotillo e Corralejo o que permitiu o desenvolvemento turístico do municipio. Nas súas costas danse as condicións necesarias para a práctica de deportes como o surf, o wíndsurf, submarinismo etc.
Demografía Os principais núcleos de poboación son Corralejo (13.618 habitantes), Villaverde (1.525 habitantes) e La Oliva (1.295 habitantes) (INE 2008).
Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010 2.464 2.287 1.9642.2503.790 10.578 22.351
Lugares de interese cultural Casa de los Coroneles: fundada en 1650, en tempos señoriales, o edificio albergaba aos coroneis das milicias. Ostentaban o poder militar e a partir do século XVIII tamén o civil. Casa de la Cilla: antigo almacén, actualmente é sede do Museo do gran. Este museo está dedicado ás tarefas agrícolas ao redor da obtención do gran. Monumento a Unamuno: Miguel de Unamuno estivo desterrado uns meses en Fuerteventura en 1924. É obra do escultor Juan Borges Linares e está situada en Montaña Queimada. Centro de Arte Canario: expón arte contemporánea desenvolvido por artistas canarios.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial do concello
Categoría:La Oliva