Applications Technology Satellite 2 ou ATS 2 foi un satélite artificial dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 6 de abril de 1967 mediante un foguete Atlas-Agena D desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.

Características ATS-2 probou diferentes tecnoloxías:

Probou novos conceptos en deseño de satélites, propulsión e estabilización. Tomou imaxes de alta calidade da cuberta nubosa e enviou datos meteorolóxicos procesados a través doutro satélite. Proporcionou medidas in situ do contorno aeroespacial. Probou sistemas de comunicación mellorados.

O satélite tiña forma de cilindro de 1,42 metros de diámetro e 1,83 metros de altura. A enerxía eléctrica proporcionábaan dous paneis solares que alimentaban un par de baterías recargables de níquel-cadmio. O satélite dispoñía de catro pértegas extensibles que podían alongarse ata os 28,2 metros de lonxitude para proporcionar estabilización por gradente gravitatorio.

O sistema de telemetría consistía en catro transmisores de 2,1 vatios de potencia, dous transmitindo en 136,47 MHz e os outros dous en 137,35 MHz, ademais dun experimento de comunicación por microondas.

Durante o lanzamento a segunda etapa do foguete fallou, deixando o satélite nunha órbita elíptica que acabou por facer que o satélite reentrara na atmosfera o 2 de setembro de 1969. Con todo, obtivéronse datos útiles dalgúns dos instrumentos, máis notablemente do experimento de raios cósmicos e partículas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Applications Technology Satellite 1 Applications Technology Satellite 3 Applications Technology Satellite 4 Applications Technology Satellite 5 Applications Technology Satellite 6

Categoría:Satélites artificiais dos Estados Unidos de América