Cérbero (tamén coñecido coma S/2011 (134340) 1 ou P4) é un pequeno satélite natural de Plutón (134340 é o número asignado a Plutón no Minor Planet Center despois da súa degradación ó status de planeta anano). Foi descuberto o 28 de xuño do 2011 polo programa Pluto Companion Search Team (programa para a procura de compañeiros de Plutón) do Hubble Space Telescope, durante unha tentativa por descubrir algún anel planetario que puidese posuír Plutón. Observación posteriores feitas o 3 e o 18 de xullo do 2011 deron lugar á súa verificación coma unha nova lúa de Plutón. Foi recuperado en imaxes arquivadas do Hubble feitas o 15 de febreiro e o 25 de xuño do ano 2010. Cérbero posúe un brillo que é só o 10 % do brillo de Nix, e foi atopado por que o equipo responsable do descubrimento tomou imaxes cunha exposición de 8 minutos; as observacións anteriores fixéranse con tempos de exposición máis curtos.
esquerda|300px|miniatura|Imaxe do descubrimento de Cérbero tomada polo Hubble, tamén podemos ve-lo resto das lúas de Plutón coas súas órbitas marcadas (excepto Caronte). Na imaxe, tanto a Plutón coma Caronte, foille reducido moito o seu brillo, para así poder aprecia-lo resto das lúas do sistema.
Características Cun diámetro estimado de entre 13 e 34 km, Cérbero é a lúa máis pequena de Plutón e as actuais observacións suxiren unha órbita circular e ecuatorial cun raio orbital de aproximadamente 59.000 km. A lúa orbita entre Nix e Hydra e tarda 32,1 días en facer unha órbita completa ó redor de Plutón. Este período está moi próximo a ser unha resonancia orbital de 1:5 con Caronte, cunha discrepancia temporal (aparentemente) de menos dun 0,6%. Determinar se se trata dunha resonancia real, vai requirir de estudos moito máis detallados sobre a súa órbita, e en particular mellora-la taxa de precisión dos datos obtidos.
Coma no caso dos outros satélites de Plutón, sospéitase que Cérbero podería se-lo resultado da fusión dos cascallos dunha gran colisión entre Plutón e outro obxecto do cinto de Kuiper, semellante ó impacto da teoría do Big Splash, na cal se tería formado a nosa Lúa.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Caronte (lúa) Hydra (lúa) Nix (lúa) Estixia (lúa) Plutón
Categoría:Lúas de Plutón