A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

Gran Enciclopedia Gallega A primeira edición, de corenta e tres tomos, en castelán, publicouse no ano 1974. Dirixida por Ramón Otero Pedrayo, os coordinadores editoriais foron sucesivamente Perfecto Conde Muruais, Arturo Reguera López e Xosé Ramón Fandiño Veiga, coa implicación de Xesús Alonso Montero.Autores da primeira edición: Ramón Otero Pedrayo , Dámaso Alonso, Miguel Anxo Araúxo Iglesias, Pío Cabanillas Gallas, Xosé María Castroviejo, Camilo José Cela, Álvaro Cunqueiro, Xosé Filgueira Valverde, Álvaro Gil Varela, Manuel Lucas Álvarez, Sebastián Martínez-Risco, José Luis Meilán Gil, Ramón Piñeiro, Xoán Rof Carballo, Luís Seoane, Alberto Vilanova, Xosé Manuel Beiras, Antonio Bonet Correa, Ricardo Carballo Calero, Antonio Eiras Roel, Antón Fraguas, Carlos García Martínez, Domingo García-Sabell, Isidro Parga Pondal, José Luis Pensado, Augusto Pérez Alberti, Francisco Río Barxa, Andrés Torres Queiruga, Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández del Riego, Basilio Losada, Silverio Cañada , Perfecto Conde Muruais, Xosé Ramón Fandiño Veiga, Xesús Rábade, Fernando Acuña Castroviejo, Felipe Arias, Xosé Ramón Barreiro, Francisco Calo Lourido, Baldomero Cores, Antón Costa Rico, Xosé María Dobarro, José Antonio Durán, Francisco Fariña Busto, Constantino García, Ramón Máiz, Xosé Neira Vilas, Xulio Pardellas de Blas, Antonio Rodríguez Fraiz, Antón Santamarina, Eduardo Seijas, Xosé Carlos Sierra Rodríguez, Benito Varela Jácome, Ramón Villares, Virxilio Fernández e outros.Un editor de noso artigo do 30/5/2002 de Xesús Alonso Montero en La Voz de Galicia.

Gran Enciclopedia Galega Trinta anos despois publicáronse en galego por dous grupos editoriais distintos,O lanzamento da “Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada” revela a existencia de dous proxectos... CCG, 3/6/2003. Editorial Novos Vieiros da Coruña (66 tomos)GranEnciclopediaGalega.com da editorial Novos Vieiros (A Coruña). e o Grupo El Progreso de Lugo (44 tomos).EnciclopediaGalega.com do Grupo El Progreso, en Internet Archive (ligazón orixinal morta).

Foi dirixida por Benxamín Casal e participaron cincocentos colaboradores. Membros do consello asesor foron, entre outros, Isaac Díaz Pardo, Xosé Ramón Barreiro, Xaime Isla Couto, Alfonso Zulueta de Haz, Alfredo Conde, Víctor Freixanes, Manuel María, Basilio Losada, Xavier Alcalá, Antonio Bonet Correa, Xosé García Oro, Manuel Lucas Álvarez, Xesús Alonso Montero ou Xaime Quessada.

Versión en DVD A versión en DVD, en galego, é do ano 2005. Ten 100 000 entradas, 25 000 fotografías, 2500 gráficos e 500 mapasEl Progreso ofrece a Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada en DVD, El Progreso, 26/11/2010. (incluíndo un mapa individual por cada un dos 315Cando se editou a enciclopedia había 315 concellos en Galicia. Logo de dúas fusións, pasaron a ser 313. concellos de Galicia).

Dende a portada a información preséntase en cinco apartados: Enciclopedia. Biografías, con preto de 4000 artigos. Heráldica, máis de 2000 entradas de apelidos e liñaxes. Descubre Galicia, cun índice que chega ata o nivel das parroquias. "Dossier", cartafol onde o usuario pode apartar a información que máis lle interese.

Ademais dispón dun apartado de anexos, unha función de procura avanzada, e un directorio de axuda.

No ano 2011 foi distribuída polo Grupo El Progreso polo prezo de 9,95 €.miniatura|400px|Varios exemplares da GEG ocupan as baldas da Biblioteca de Galicia.|centro Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía . "Enciclopedias, identidad y territorios en la España postfranquista" en Prensa, impresos y territorios en el mundo hispánico contemporáneo, PILAR (Presse, Imprimés, Lecture dans l’Aire Romane), 2002.

Outros artigos Artigos da Gran Enciclopedia Galega Galipedia Enciclopedia Galega Universal Enciclopedia Temática Ilustrada A Nosa Terra Enciclopedia temática de Galicia

Ligazóns externas GranEnciclopediaGalega.com da editorial Novos Vieiros. 20px Capítulo 397: Gran Enciclopedia Galega de Ben falado, programa da TVG, 28/12/2012.

Categoría:Enciclopedias en galego Categoría:Enciclopedias en castelán