A serra da Esculqueira é unha serra galega localizada no concello da Mezquita, na fronteira con Portugal. Está conformado por granitos hercinianos de dúas micas. Nas partes altas domina o monte baixo, con xestas, uces, carqueixas, carrascos ou tomelo, así como tamén zona de braña. Abonda nesta serra os soutos de castiñeiros e hai tamén grandes áreas repoboadas con piñeiros.

O cumio de maior altitude é o Serro (tamén coñecido como Medo), con 1.143 metros sobre o nivel do mar.

Véxase tamén Bibliografía As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1

Esculqueira Categoría:A Mezquita Categoría:Montes de Galicia sen imaxes