Google+, pronunciado e escrito ás veces como Google Plus, tamén abreviado como G+, foi un servizo de rede social operado pola compañía estadounidense Google. Google+ lanzouse en xuño de 2011. Nun principio, os usuarios tiñan que ser maiores de 13 anos de idade, para crear as súas propias contas. Google+ foi a terceira rede social con máis usuarios no mundo, non pola súa popularidade senón pola ligazón con YouTube, obtendo arredor de 343 millóns de usuarios activos.

Google+ integraba distintos servizos: círculos, Hangouts, intereses e comunidades. Google+ tamén estivo dispoñible como unha aplicación de escritorio e como unha aplicación móbil, pero só nos sistemas operativos Android e iOS. Fontes como The New York Times declarárono o maior intento de Google para competir coa rede social Facebook, a cal tiña máis de 750 millóns de usuarios en 2011. O 20 de setembro de 2011, Google permitiu a creación de contas a usuarios con máis de 18 anos, con melloras nas súas extensións de videoconferencias.

Google anunciou o peche definitivo en abril de 2019 por motivos relacionados con erros de seguridade no acceso a datos privados de usuarios afectados, que poderían ascender até o medio millón de contas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Redes sociais Categoría:Sitios web mortos Categoría:Servizos de Google