The Mummy Returns é un filme estadounidense dirixido e escrito por Stephen Sommers que se estreou no 2001. Está protagonizado por Brendan Fraser, Rachel Weisz, John Hannah, Arnold Vosloo, Oded Fehr, Patricia Velásquez e Freddie Boath. É unha secuela do filme de 1999 The Mummy. A rodaxe tivo lugar en Londres, Marrocos e Xordania.The Mummy Returns | 2001. www.movie-locations.com.
The Mummy Returns inspirou o filme The Scorpion King (2002) que ten lugar 5 000 anos antes e cuxo personaxe principal, interpretado por Dwayne Johnson (The Rock), foi introducido neste filme. A súa secuela é The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor (2008).
Sinopse Pasaron dez anos dende o ocorrido na primeira película, Rick O'Connell (Brendan Fraser) casou con Evelyn (Rachel Weisz), e ambos son pais do pequeno Alex (Freddie Boath), de oito anos. Cando, tras unha serie de acontecementos, a momia do antigo sacerdote exipcio Imhotep é resucitada por unha estraña seita no British Museum, e a maldición milenaria do Rei Escorpión -que cinco mil anos atrás traizoou ó deus Anubis- o devolve á vida, o choque entrambas forzas malignas desencadeará o caos no mundo.
Personaxes Brendan Fraser como Rick O'Connell Rachel Weisz como Evelyn Carnahan O'Connell/Princesa Nefertiri Freddie Boath como Alex O'Connell John Hannah como Jonathan Carnahan Oded Fehr como Ardeth Bay Arnold Vosloo como Imhotep Patricia Velásquez como Meela Nais/Anck-Su-Namun Alun Armstrong como Baltus Hafez Adewale Akinnuoye-Agbaje como Lock-Nah Shaun Parkes como Izzy Buttons Dwayne Johnson como Mathayus O Rei Escorpión Bruce Byron como Red Joe Dixon como Jacques Tom Fisher como Spivey Aharon Ipalé como Seti I
Banda sonora The Mummy Returns: Original Motion Picture Soundtrack foi realizado o 1 de maio de 2001 por Decca Records. Contén a música composta e dirixida por Alan Silvestri.
The Legend of the Scorpion King (4:55) Scorpion Shoes (4:24) Imhotep Unearthed (4:22) Just a Oasis (1:25) Bracelet Awakens (1:28) Evy Kidnapped (5:55) Rick's Tattoo (1:59) Imhotep Reborn (2:42) My First Bus Ride (7:45) The Mushy Part (2:42) A Gift and a Curse (5:32) Medjai Commanders (2:03) Evy Remembers (4:03) Sandcastles (3:22) We're In Trouble (2:18) Pygmy Attach (3:31) Come Back Evy (3:29) The Mummy Returns (7:44) Forever May Not Be Long Enough (3:47)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua exipcia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Stephen Sommers Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes rodados en Marrocos Categoría:Filmes de momias Categoría:Filmes ambientados no Antigo Exipto Categoría:Filmes ambientados en 1933 Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América