Bee Movie é un filme estadounidense de animación por ordenador dirixido por Steve Hickner e Simon J. Smith, que se estreou no 2007. O elenco está composto por Jerry Seinfeld, Renée Zellweger, Matthew Broderick, Megan Mullally, John Goodman, Chris Rock, Kathy Bates, e Patrick Warburton.
Sinopse Barry B. Benson (voz orixinal de Jerry Seinfeld), é unha abella recentemente graduada na universidade que se encontra algo decepcionada coa súa ocupación actual: facer mel. Un día coñece a Vanessa (voz de Renée Zellweger), unha florista de Nova York. A súa relación comeza a florecer, e tras descubrir que os humanos de feito comen o mel, decide demandalos.
Personaxes Jerry Seinfeld como Barry B. Benson Renée Zellweger como Vanessa Bloome Matthew Broderick como Adam Flayman Chris Rock como Mooseblood o Mosquito Patrick Warburton como Ken Kathy Bates como Janet B. Benson Barry Levinson como Martin B. Benson John Goodman como Layton T. Montgomery Megan Mullally como Trudy, Guía turística de Honex Rip Torn como Lou Lo Duca Oprah Winfrey como Xuíz Bumbleton Michael Richards como Bud Ditchwater Larry King como Bee Larry King Larry Miller como Dean Buzzwell Jim Cummings como Narrador e Voceiro da graduación Brian Hopkins como Sandy Shrimpkin e Axente TSA John DiMaggio como Bailiff Tress MacNeille como Jeanette Chung, Nai, Vaca Simon J. Smith como Condutor de Camión Robert Jayne como Abella Ray Liotta como El mesmo Sting como El mesmo Carl Kasell como El mesmo
Galardóns e nomeamentos 2007: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor filme de animación. 2007: Premios Annie: 5 nomeamentos, incluíndo mellor longametraxe de animación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Dreamworks Animation Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Filmes sobre insectos Categoría:Filmes ambientados en Nova York