Na mitoloxía grega, Ceo (en grego antigo Κοῖος Koĩos), 'o que sabe', 'o que pensa') era o Titán da intelixencia. Os Titáns eran os fillos xigantes de Urano (o Ceo) e Xea (ou Gaia, a Terra).
Mitoloxía miniatura|220px|Eón (o Urano grego) ao lado da deusa Tellus (a Gaia grega), con catro fillos, pais de Ceo. Mosaico dunha vila romana de Sentinum, século III. Gliptoteca de Múnic.
Ceo casou coa súa irmá Febe, titánide do brillo e a Lúa, da que tivo dúas fillas: Leto (a deusa do anoitecer) e Asteria (a deusa das estrelas).
De Zeus (fillo de Crono e Rea), Leto xerou a Artemisa e a Apolo.
Ceo representaba a adiviñación polas estrelas, así como o eixe norte do ceo arredor do cal xiraban as estrelas, polo que recibiu o nome de Polos (en grego antigo Πόλος Pólos), "a bóveda celeste".Deste nome deriva a denominación do Polo norte e, por extensión, do Polo sur; é dicir, este epíteto de Ceo é a orixe do nome polos (xeográficos e astronómicos).
Como a súa muller (e irmá) e os seus fillos, forma parte dos Titáns siderais, e moitos mitólogos contemporáneos supoñen que baixo o reino de Cronos, presidía a boa marcha do Zodíaco.Jean-Pierre Vidal-Naquet, Les Mythes de Souveraineté; Reynald Sorel, Les Cosmogoniques grecques.
Canda a súa muller, que representaba o centro da Terra (entendida como un disco plano), despuntou como un dos primeiros deuses proféticos, sendo Ceo o voceiro da sabedoría do seu pai Urano, e Febe a da súa nai Xea.
Neste sentido as súas dúas fillas representaban as dúas ramas da clarividencia: Leto e o seu fillo Apolo presiden o poder profético da luz e o ceo, mentres que Asteria e a súa filla Hécate fano do da noite, a escuridade e os espíritos dos mortos.
Así mesmo Apolo dividía o seu tempo entre o Oráculo de Delfos, no centro da Terra,Cómpre lembrar que se cría nunha terra plana, circular, en cuxo centro estaba situado Delfos., residía a súa avoa e, durante o inverno, nas rexións hiperbóreas, próximas ao polo que representaba o seu avó Ceo. Ambos lugares estaban custodiados por s, Pitón en Delfos e a constelación de Draco no norte axial, podendo estes representar á parella de Titáns. Segundo esta versión, Ceo sería o dragón que Atenea lanzou ao firmamento durante a Titanomaquia.
Na Titanomaquia, despois de dez anos de combate, Ceo, cos demais Titáns, foi derrotado por Zeus e os demais deuses olímpicos, axudados polos Ciclopes e os Hecatónquiros, que o encerraron no Tártaro.
Os autores posthesiódicos e latinos sitúan a Ceo entre os Xigantes xurdidos, para Virxilio, da Gaia (Terra), ben dela soa ou dela e do Tártaro, pero Hixino prefire máis ben a Polos como Titán, fillo de Urano e de Gaia e como esposo da titánide Febe.
Fragmento da Teogonía de Hesíodo
Febe entrou no leito amoroso de Ceo E fecundou a Deusa o Deus con amor Naceu Leto de negro veu Sempre boa aos humanos e aos Deuses inmortais doce desde o inicio a máis suave do Olimpo Naceu tamén Asteria Que Perses levou ao seu palacio e a desposou, e desta unión naceu a poderosa Hécate Que Zeus agraciou con espléndidos dons...
Notas
Véxase tamén Outros artigos Titán (mitoloxía)
Ligazóns externas Apolodoro, Biblioteca Apollodore. Le Detail de la Bibliothéque. (I, 2-3 ; I, 8-9). Diodoro de Sicilia, Biblioteca histórica DIODORE DE SICILE. BIBLIOTHEQUE HISTORIQUE (V, 66, 1 ; V, 67, 1). Hesíodo, Teogonía La Théogonie (dúas traducións: Anne Bignan e Leconte de Lisle) (v. 132-133, 207 e 404). Himnos homéricos (I a Apolo, v. 61). Himnos órficos Mythorama (XXXV a Leto) Tradución do grego antigo por Leconte de Lisle. Hixinio, Fábulas (Excerpta ex Hygini genealogiis, volgo fabulae) BIBLIOTHECA AUGUSTANA.(Prefacio e v. 140). Ovidio, Metamorfoses Bibliotheca Classica Selecta (VI, 185-186). Pausanias, Descrición de Grecia Versión bilingüe, orixinal grega e tradución francesa polo abade Gedoyn, Pausanias ou Voyage historique, pittoresque et philosophique de la Grèce. París, Debarle, 1796. (IV, 33, 6). , Valerius Flaccus, Argonáuticas Bibliotheca Classica Selecta (III, 224). Virxilio, Eneida Bibliotheca Classica Selecta (IV, 174-179) , Xéorxicas Bibliotheca Classica Selecta (I, 276).
Categoría:Titáns