Para a doenza pulmonar denominada PH ver Pneumonite por hipersensibilidade. Algúns valores comúns de pH Substancia pH Ácido de batería <1.0 zume gástrico 2.0 zume de limón 2.4 Cola (refrixerante) 2.5 Vinagre 2.9 zume de laranxa ou mazá 3.5 Cervexa 4.5 Café 5.0 Té 5.5 Choiva ácida < 5.6 Saliva pacientes con cancro 4.5-5.7 Leite 6.5 Auga pura 7.0 Saliva humana 6.5-7.4 Sangue 7.34 - 7.45 Auga do mar 8.0 Xabón de man 9.0 - 10.0 Amoníaco caseiro 11.5 Cloro 12.5 Hidróxido de sodio caseiro 13.5

O valor do pH é un número aproximado, entre 0 e 14, que indica se unha solución é ácida (pH < 7), neutra (pH = 7), ou básica/alcalina (pH > 7)

Definición O pH ou potencial de hidróxeno iónico, é un índice que indica a acidez, neutralidade ou alcalinidade dun medio calquera. O concepto foi introducido por S. P. L. Sørensen en 1909. O "p" ven do alemán potenz, que significa poder de concentración, e o "H" é para o ión de hidróxeno (H+). Ás veces se fai vir do latín pondus hydroxenii. O "p" equivale ao logaritmo negativo de base 10 da actividade dos ións a que se refire, ou sexa,

en que [H+] representa a actividade de H+ en mol/dm3.

pOH

Do mesmo modo pódese definir o pOH en relación á concentración de ións OH-. A partir da constante de disociación da auga que ten o valor de 10−14 á temperatura de 298 K (25 °C), pódese determinar a relación entre o pOH e o pH. Así pola definición de </sup>Kw tense a relación entre as dúas actividades:

Kw =[H+][OH-]

Ao aplicar logaritmos, obtense a relación entre o pH e o pOH:

pKw=pH+pOH=14

Medida do pH

dereita|miniatura|250px|A hortensia (Hydrangea macrophylla) ten flores rosa ou azuis dependendo do pH do solo. En solos ácidos as flores son azuis, mentres que en solos alcalinos son rosa

O pH pode ser determinado: por adición dun indicador de pH na solución a analizar. A cor do indicador varía segundo o pH da solución. usando un medidor de pH axuntado a un eléctrodo de pH

Os indicadores máis comúns para medir o pH dunha substancia son a fenolftaleína, o laranxa de metilo e o azul de bromofenol.

Cálculo de pH dalgunhas solucións acuosas O valor de pH dunha solución pode ser estimado se se souber a concentración en ións H+. Preséntanse a continuación varios exemplos:

Solución acuosa de ácido clorhídrico (HCl) 0,1M:

Este é un ácido forte, por iso atópase completamente disociado e atópase suficientemente diluído como para que a concentración de sexa próxima á concentración molar dada. Así [H+]=0,1 M e pH=-log[0,1]=1.

Solución acuosa de hidróxido de sodio (NaOH) 0,1M:

Esta é unha base forte, por iso está completamente disociada e atópase suficientemente diluída como para que a concentración de OH- sexa próxima á da concentración molar dada. Así [OH-]=0,1 M e pOH=-log[0,1]=1. Logo pH=14-1=13

Solución acuosa de ácido fórmico (HCOOH) 0,1M:

Este é un ácido feble, que non está completamente disociado. Por iso débese determinar primeiro a concentración de H+. Para ácidos febles débese ter en conta a constante de disociación do ácido:

Ka = [H+][A-] / [HA]

A constante de disociación do ácido fórmico ten o valor de Ka = 1,6 × 10−4. Así, considerando que [A-] é igual a x, [HA] ha de ser a parte que non se disociou, ou sexa 0,1-x. Se desprezamos a ionización da auga, concluímos que a única fonte de H+ é o ácido, así [H+]=[A-]. Substituíndo as variables obtense:

A solución é [H+]=x=3,9×10−3. A través da definición de pH, obténse pH=-log[3,9×10−3]=2,4.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Máis sobre estimativa de pH... .

Categoría:Química